Skip to Content

Visita de Ana Alonso

O pasado día 20 de marzo visitounos a escritora Ana Alonso que nos presentou  La llave del tiempo: unha serie de 8 libros traducidos a varios idiomas e escritos por ela e o seu home Javier Pelegrín. Estes son: La torre y la isla, La esfera de Medusa, La ciudad infinita, El jinete de plata, Uriel, La puerta de Caronte, El palacio del silencio, El viaje de Zoe.

Ana Alonso naceu en Terrasa no 1970, creceu nunha casa rodeada de libros o que contribuíu a desenvolver a súa afección pola literatura. Xa de moza escribía pequenas historias en cadernos pero non foi ata que gañou un concurso de poesía cuxo premio era a publicación dun libro, cando comezou a desenvolver a súa actividade literaria de forma pública. Estudou Ciencias Biolóxicas na Universidade de León. No 2006, publicou: La torre y la isla -primeiro libro escrito con Javier Pelegrín. Actualmente ela exerce de bióloga e tradutora e el de profesor de lingua nun instituto. Pero ambos seguen desenvolvendo a súa actividade literaria.

Durante a visita falounos un pouco sobre a súa vida e, acompañada de diapositivas,explicounos que certos aspectos científicos-técnicos que aparecen no seu libro, como as cidades verticais (Torre Ilión), as cidades submarinas (Medusa) ou as granxas de comida sintética están baseados en proxectos que poderían realizarse nun futuro próximo ou que incluso xa existen. Tamén contestou afablemente as nosas respectivas preguntas e ó final dispúxose a asinar os nosos libros.

 En resumo, tratouse dun encontro moi entretido e interesante.

                                                                                

                                                            Isabel Couso Vázquez ( 2ºA-ESO)


 


 VER FOTOS

 



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

story | by Dr. Radut