PREMIO "VALORES DE FUTURO"
O noso centro resultou gañador do Premio Valores de Futuro para Galicia, un certame organizado polo BBVA.
Os organizadores valoraron positivamente o traballo denominado " Red Hand Day", que se desenvolveu fundamentalmente con alumnos/as de primeiro da ESO.
O seu obxectivo é concienciar sobre o traballo infantil e os dereitos do neno cunha proposta que reflectía a situación dos nenos da guerra e que procura estender a reflexión sobre a difícil realidade destes nenos a todo o centro escolar.
Como premio, o centro representará a Galicia na final estatal, que terá lugar o 24 de maio.