SAÍDA AO MARCO
O xoves, 3 de decembro, o primeiro cilclo de primaria, realizamos unha saída didáctica ao Museo de Arte Contemporánea, en Vigo.
Vimos unha exposición de fotos de paisaxes en distintos momentos, esculturas como unha que nos chamou moito a atención, dun esqueleto dun can cunha cadea; fotos de escuma, moi bonitas e un cadro de fotos con imaxes de excrementos de gaivota, que facían debuxos curiosos ¡ foi moi interesante !
Despois fixemos, por grupos, uns obradoiros de pintura en acetatos, que nos gustou moito, ao rematar proxectaron as nosas obras na parede e déronnalas. Foi moi divertido e pasámolo moi ben.