Skip to Content

Programa EDUexchanges

Un grupo de estudiantes da ESO do  C.P.I. do Toural , en Vilaboa, xunto con 22 estudantes de Secundaria do Gymnasium Raabeschule, da localidade de Braunschweig, Alemaña están participando nunha experiencia de inmersión lingüística dentro do Programa EDUexchanges durante esta última semana de maio. Trátase dun Intercambio lingüístico e cultural entre o alumnado e profesorado dos dous centros que ten como actividades principais a práctica diaria da lingua vehicular, inglés ou castelán, as actividades educativas, académicas e de carácter cultural organizadas polos centros educativos e as derivadas da convivencia coas familias de residencia en cada país. O grupo de alumnos/as do instituto alemán chegou a semana pasada, o día 22 de maio, ao CPI do Toural cun obxectivo moi concreto, interaccionar cos nosos alumnos/as para mellorar as súas habilidades comunicativas en Lingua española, ao igual que fixera o grupo de alumnos e alumnas do CPI do Toural cando viaxaron a Alemaña para mellorar as súas habilidades comunicativas en lingua inglesa.
 
Durante esta semana están convivindo coas familias galegas e participando da vida escolar do CPI do Toural, asistindo a clases de lingua castelá, lingua inglesa, historia, educación física educación artística e tecnoloxía. O noso centro organizou varias actividades para fomentar a convivencia e despertar o interese en aspectos relacionados coa sociedade e a cultura galega. Así, visitaron xa o entorno natural das Salinas do Ulló, en Vilaboa, moi preto do centro educativo, a cidade de Santiago de Compostela e o porto do Grove, incluíndo unha viaxe en catamarán pola Ría de Arousa. Nos días de estancia que lles quedan visitarán outros lugares emblemáticos da provincia como o Castro de Santa Tegra, Combarro e Baiona e seguirán disfrutando do entorno privilexiado do noso concello, Vilaboa.

 



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

story | by Dr. Radut