Skip to Content

Erasmus+

 

 

 

Erasmus+ é un  programa da UE nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude e o  deporte para o período 2014-2020.

Ao noso centro concedéronlle este ano un programa de mobilidade ERASMUS+ KA 229 ( Asociacións intercambio escolar ) para alumnado e profesorado a desenvolver durante os curso 2019-2020 e 2020-2021.

Estes programas teñen como obxectivo:

A MOBILIDAD DAS PERSOAS, esta  acción clave apoia a mobilidade do alumnado e do profesorado.

A COOPERACIÓN PARA A INNOVACIÓN E O INTERCAMBIO DE BOAS PRÁCTICAS ENTRE O PROFESORADO DE DIFERENTES PAISES DA UNIÓN EUROPEA.

Neste curso 2019-2020, están previstas as seguintes  actuacións:

1.       O 4, 5 e 6 de novembro de 2019,  tres profesoras do noso centro participaron nas xornadas de traballo que se celebraron en ÜNYE, Turquía, xunto co profesorado dos centros participantes no proxecto: centros educativos de Turquía, Lituania, Romanía e República Checa.

 

2.       Mobilidade do alumnado: o Noso alumnado viaxará a Turquía no vindeiro mes de marzo de 2020, onde presentarán os proxectos que están a desenvolver, acompañados de profesorado do centro.

 

3.       Mobilidade do alumnado: O noso alumnado viaxará a Romanía no vindeiro mes de maio de 2020, acompañado de dous profesores/as do centro.

No vindeiro curso 2020-2021 se levarán a cabo as seguintes mobilidades:

1.       No mes de outubro de 2020, un grupo de alumnado acompañado de profesorado do centro, viaxará a Lituania.

2.       No mes de marzo de 2021, un grupo de alumnado acompañado de profesorado, viaxará á República Checa.

 

3.       No mes de maio de 2021,  o CPI do Toural será centro anfitrión, polo que recibiremos a visita de profesorado e alumnado dos centros dos catro países participantes: Turquía, Romanía, Lituania e República Checa.

 

Movilidades Erasmus+ Ka101

 

Escuola Popolare Tor San Lorenzo (@scuolapop):

1º Día 

2º Día

3º Día

4º Día

O patio da Escuola Pop

 

 

CURSO 24-25

 

O CPI do TOURAL INICIA O SEU  TERCEIRO PROXECTO DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+: un proxecto de formación KA122 dirixido ao profesorado do centro.

Un amplo grupo de profesorado do CPI Toural embárcase así nunha nova formación subvencionada, con fondos europeos, para poder sosegar as súas inquedanzas profesionais e poder contribuír á mellora pedagóxica da súa comunidade educativa.

28 de outubro, Vilaboa. 

Dende o CPI Toural aplauden esta nova que chega froito da boa puntuación adquirida no pasado mes de xuño, tras aprobarse o proxecto presentado. Esta iniciativa terá unha duración de 18 meses; nela estarán docentes de todas as  etapas educativas do centro xunto a varios membros do equipo directivo do colexio, xa que dende o CPI Toural apostan por este modelo formativo vivencial doutras realidades e por compartir formación con homólogos doutros países.

Tras a posta en marcha neste curso 2024/2025, para poder levar a cabo un proxecto desta envergadura, este grupo de mestres e mestras levan realizadas varias xuntanzas, co fin de establecer os pasos a seguir: os centros educativos a visitar, tendo en conta os compromisos adquiridos inicialmente, a distribución das mobilidades, tendo sempre presente o calendario lectivo do seu centro educativo e dos diversos centros que visitarán para non prexudicar o bo desenrolo do curso escolar.

Os cursos formativos e as escolas e centros de observación seleccionados polos docentes do CPI Toural foron escollidos partindo das necesidades do seu centro e tendo en conta as actividades a realizar para acadar os obxectivos prantexados no proxecto. Así dese xeito, algún deste profesorado visitará escolas de Finlandia, Suecia e Portugal co fin de trasladar modelos que melloren o rendemento curricular do alumnado, estratexias e dinámicas de aula innovadoras, así como facilitar entendementos e contribuír á mellora das  competencias e capacidades persoais do seu alumnado, de cara a construir cidadanía global,  ciudadanos e ciudadanas do mundo cos coñecementos, habilidades e valores necesarios para  a participación activa, que aposten pola loita pola xustiza social e pola defensa dos dereitos humanos que nos pertencen a todos e todas.

Para completar o proxecto, outro grupo de profesoras e profesores realizarán cursos formativos relacionados coas materias de lingua, inglés e matemáticas, en países como Finlandia, Croacia e Italia.

 

O proxecto de formación leva como lema “CAMIÑANDO  CARA AO DIALOGO ENTRE CULTURAS”  o mesmo nome que ten a iniciativa de intercambio lingüístico e cultural entre alumnado do CPI do Toural e a Newark Academy, nos EEUU. Todo foi deseñado para que estas vivenzas teñan unha repercusión positiva, en especial, entre o alumnado, pero, en definitiva, entre toda acomunidade educativa. As boas practicas do CPI Toural está máis vivas ca nunca xa que gozan de renovacións de proxectos e manteñen sempre abertas as portas do seu centro.

Noticia La Voz de Galicia

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2024/10/31/vilaboa/00031730373173030465576.htm

 

 

Noticia Faro de Vigo

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2024/11/03/profesorado-cpi-o-toural-inicia-111265264.html

 

AdxuntoTamaño
DIFUSIÓN ERASMUS+ (1).pdf7.9 MB
In te gra ti n g C re a ti v i ty a n d In n o v a ti o n i n to T e a c h i n g.pdf5.74 MB


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

page | by Dr. Radut