Apertura prazo admisión novo alumnado curso 2024-2025
Procedemento de Admisión
Novo Alumnado
Curso 2024/2025
O prazo de presentación de solicitudes para o novo alumnado comeza o venres 1 de marzo e remata o mércores 20 de marzo de 2024.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.
Para facer a solicitude en liña ou obter os impresos prema neste enlace
Deberán achegar debidamente cumprimentado o Anexo II e o Anexo II-bis (Impreso ED550B) dispoñible no arquivo adxunto.
Tamén poden recoller e/ou entregar os impresos de xeito presencial na Secretaría do centro en horario de atención ao público de 8:50 a 14:15 horas.
DOCUMENTACIÓN XERAL NECESARIA:
- Fotocopia do Libro de familia (ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar).
- Fotocopia DNI dos proxenitores
- Certificado de matrícula ou Boletín de notas do curso actual (se xa están escolarizados)
- Copia da Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou Convenio regulador onde conste a custodia do menor (se é o caso).
O impreso deberá ser asinado por os dous proxenitores (ou titores legais).
NOTA: Este prazo é soamente para o novo alumnado que non veña nin do CRA de Vilaboa nin do CEP PLURILINGÜE de RIOMAIOR (e tamén para éstes sempre que non fixeran reserva).
Lembramos que o servizo de comedor está xestionado pola ANPA do CPI do Toural e o alumnado interesado deberá formalizar posteriormente a petición de dito servizo.
Outros prazos do procedemento:
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril de 2024
Prazo reclamación das listaxes provisionais: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte á data de publicación
Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio de 2024
Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2024
Prazo para formalizar a matrícula na ESO: do 23 de xuño ao 7 xullo de 2024
NORMATIVA DO PROCEDEMENTO:
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Arquivos adxuntos co impreso ED550B en galego e castelán.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B-G.pdf | 1.38 MB |
ED550B-C.pdf | 1.38 MB |