Skip to Content

PROGRAMA ERASMUS +

Despois deste paréntese pola pandemia, o CPI do Toural retoma as mobilidades ERASMUS+

Nesta ocasión, dentro do proxecto KA229 "Learning for my future", un grupo de 8 estudantes e 3 persoas docentes viaxarán mañá cara a Rumanía. Os estudantes teñen entre 13 e 15 anos, (alumnado de 3º e unha alumna de 4º de ESO).

O grupo fará parada en Madrid para, o sábado día 11 voar ata Rumanía.
Alí, na cidade de Halmeu, lles estarán esperando as familias coas que compartirán esta experiencia, convivindo con elas dende o 13 ao 17 de decembro.

Nesta mobilidade tamén está contemplada unha viaxe cultural de dous días en autobús, visitando Transilvania: o Castelo do Conde Drácula e visita á cidade amurallada de Sibiu.

Dentro deste proxecto, o alumnado reunirase tamén con alumnado de Lituania e República Checa. Esta experiencia daralles a oportunidade de facer un proxecto común, consistente na elaboración dun documental sobre a viaxe. Para iso, cada estudante terá que tomar notas, fotagrafar e gravar o que vaian vivindo, para despois, nunha xornada de traballo conxunta, en equipos mixtos, elaborar  un produto audiovisual. O documental será presentado e proxectado o último día e formará parte do material que se subirá á plataforma eTwinning e á paxina web do centro.

Este proxecto terá a súa continuidade con novas mobilidades, nas que participará outro alumnado, a Lituania e República Checa e rematará coa visita do alumnado destes países a Vilaboa.

                                                                       

 

 



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

story | by Dr. Radut