TEATRO E EXPOSICIÓN
O día 26 de novembro o alumnado de primeiro ciclo de primaria, realizou unha saída didáctica para ver:
Unha obra de teatro musicada: "A nena e o grilo barquiño " da compañía A nena e o grilo no auditorio de NOVAGALICIABANCO en Pontevedra, onde intentaban mostrarlle valores como o respecto á natureza, a solidariedade, a identidade e a curiosidade polo que os rodea .
Ao saír estiveron nun obradoiro de pintura "pinceladas máxicas"sobre claroscuros
Para rematar estiveron na exposición "Da fantasía á realidade.Pintura en Galicia de 1833 a 1936"; onde puideron ver obras de Sobrino, Álvarez de Sotomayor, Pérez Villamil, Murguía Castro, ...
teatro | obradoiro | exposición |