VOLTA AO NEOLÍTICO
O venres 18 de outubro, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria fixemos unha saída moi divertida a dous lugares ben diferentes:
Visitamos a biblioteca pública de Pontevedra. Alí tivemos tempo para ler libros moi variados e interesantes, e mesmo aprendemos a buscar na base de datos os libros que nos interesan e comprobar se están dispoñibles ou emprestados.
Tamén visitamos a exposición titulada “O Neolítico. De nómadas a sedentarios”, organizada pola obra social La Caixa, na que un guía acompañounos durante o percorrido e proporcionounos información sobre as maquetas, modelos e obxectos que visitamos nas distintas salas da exposición.
Foi moi interesante ver as diferenzas que existían entre aquela época e a nosa.
Pásamolo xenial!