Skip to Content

Visita ao CIFP Manuel Antonio

      O martes 19 de novembro, os alumnos/as de 4ºda E.S.O , 3º E.S.O Diversificación e P.C.P.I visitaron o Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio en Vigo. Recibidos polo orientador do centro, seguiron as explicacións sobre a importancia de estudar unha formación profesional hoxe en día e sobre as diferentes modalidades de ciclos que este centro oferta, tanto ciclos medios coma superiores. Visitaron as aulas do ciclo de téxtil e do ciclo de laboratorio. 

Tamén se lles ofreceu a oportunidade de visitar o obradoiro do ciclo medio de panadaría e participar nun obradoiro do ciclo medio de pastelaría impartido pola profesora -titora gañadora da medalla de ouro de España, nas Olimpíadas de FP en Madrid no mes de febreiro do 2013. 

     Para rematar a xornada,  realizaron o xantar no comedor do centro atendidos polos estudantes do ciclo de servizos e mesmo festexamos o aniversario dunha compañeira.

     Finalmente voltaron co bandullo ben cheo e un agasallo das galletas e "cupcakes" que fixeron no obradoiro de pastelaría. 

 

 

                                                         Ver fotos



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

story | by Dr. Radut