GOTAS POR NÍXER
Por segundo ano consecutivo, rematamos o curso facendo unha carreira solidaria "GOTAS POR NÍXER" na que participa toda a comunidade escolar.
Por turnos vanse producindo as carreiras desde os máis pequenos de Infantil ata os máis maiores de PCPI e logo as familias e o profesorado e demáis integrantes do centro. Posteriormente e preparados pola asociación de pais e nais e os nenos e nenas que participaron no taller de cociña tomaron unha merenda para recuperar folgos.
Foi unha mañá moi divertida.