EXCURSIÓN FIN DE CURSO -4º ESO-
Este ano os alumnos de 4º de ESO do CPI do Toural realizaron a viaxe de final de curso a Londres durante a penúltima semana de marzo. Alí disfrutaron das visitas aos lugares e monumentos máis relevantes desta inmensa capital.
Algunha destas actividades foron de carácter mais tradicional , coma as visitas aos museos (véxase a foto no British) , rúas e monumentos de renome internacional; e outras de carácter máis lúdico coma a cea no primeiro Hard Rock Café do mundo, a viaxe na noria London Eye, o cruceiro polo Támesis…..
Malia o frío e a choiva, aquí podedes disfrutar dunhas fotos ben simpáticas.