Día da Paz
Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade, se constrúes 1000 grúas de papel. E iso foi o que fixemos todos os alumn@s e profesor@s para celebrar o día da Paz e a No violencia, encher de grúas os corredores do colexio , facendo papiroflexia durante dúas semanas.
O mesmo Día da Paz, o 30 de xaneiro, cantamos todos xuntos baixo as grúas, a canción "Paz, Paz, Paz" de Juanes.
A consigna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima, na Segunda Guerra Mundial.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SADAKO SASAKI.doc.pdf | 10.46 KB |