RESTAURACIÓN MEDIOAMBIENTAL DOS FONDOS DAS SALINAS DE VILABOA
Durante os días 4 e 5 de abril o noso centro participou neste proxecto acudindo primeiro á charla explicativa dada polo persoal da empresa contratada e posteriormente elaborando unha parte das 10000 bólas de arxila con EM- Dango.
Que é EM- Dango?
É unha mestura de fermentos, bacterias vermellas non de xofre e bacterias de ácido láctico.
Todo esto actúa sobre o lodo convertendo a materia orgánica en minerais e así rexenerar o medio.
Este proxecto finalizará o día 30 de abril ás 10 h co lanzamento de bólas EM Dango na zona das Salinas. Preténdese recuperar 5000 metros cadrados aproximadamente.
Quedades todos convidados ese día!!
Vémonos o 30 de abril ás 10 h!!