Skip to Content

Blogues

Presentación da curtametraxe sobre acoso escolar rodada no CPI do Toural durante o curso 2018-2019

Onte, na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, presentouse a curtametraxe sobre acoso escolar que se rodou durante o curso 2018-2019 no noso centro. Parabéns ao equipo directivo anterior e ao alumnado que participou nesta iniciativa que servirá como material para as charlas do Plan Director que se imparten por toda España. PARABÉNS !!!!

Podedes premer nos seguintes enlaces para visualizar as noticias publicadas:

http://www.crtvg.es/informativos/a-garda-civil-apoia-as-suas-charlas-div...

https://pontevedraviva.com/xeral/79590/alumnado-toural-vilaboa-video-aco...

Resumo actividades día das letras galegas 2018

Velaquí temos o vídeo preparado sobre as actividades levadas a cabo durante o 15 de maio ata o 28 polos distintos cursos de E.P e Infantil. Entre todos aprendemos información variada sobre María Victoria Moreno homenaxeada este ano no día das letras galegas. 

ROTEIRO 1º E 2º

Para ver as fotos do roteiro que fixeron 1º e 2º de Primaria por Pontevedra pinchade AQUÍ

Os Maios

 Os nenos e nenas de Figueirido cantaron o Maio e trouxeron este tan feituco feito por eles.

Museo de Pontevedra 3º e 4º E.P.

O 25 de abril,  fomos 3º e 4º de primaria de visita ao museo de Pontevedra. Como estamos facendo un proxecto sobre pintoras galegas, visitamos a zona que ten que ver con elas facendo unha actividade na que fomos verdadeiros detectives!

Vídeo do apadriñamento lector!!

Aquí temos o vídeo da actividade lectora realizada o pasado luns 23 de abril co alumnado de infantil e primaria. Caanto lemooos!
 

Marta Cabaleiro

O alumnado de infantil e primaria estamos facendo un proxecto en plástica de pintoras galegas. Coñecemos a súa vida e obra, eleximos un cadro por ciclos e facemolo na aula.Traballamos con Mª Antonia Dans, Carmela Taboada, Marta Cabaleiro e agora empezamos Maruxa Mallo. O día 11 de abril visitounos Marta Cabaleiro, facendo un taller co alumnado no cal pintaron un cadro conxuntamente co seu estilo, o puntillismo.

María Canosa

 O venres 20 de abril a escritora María Canosa visitou o noso cole para falarnos dos seus libros: "O día que choveu do revés", lérono os de 1º e 2º de primaria, "Rubicundo" os de 3º e 4º e "Muriel" os de 5º e 6º de primaria. Ademais veu os nosos traballos e firmou un por un. Gustounos moito a súa visita!

Excursión 4º

O alumnado de 3º e 4º de Primaria foi ao teatro Afundacion ver un escpectáculo de música tradicional titulado "Na percura do tesouro", organizado  polos  gaiteiros de Xistra. Gustoulles moito e despois fomos ao parque merendar.

ESCOLAS UNESCO

A primeiro de mes o alumnado de 4º de primaria fomos á xuntanza de escolas Unesco en Pontevedra. Participamos nun concerto inaugural, faláronnos dos traballos feitos nos distintos centros e participamos en obradoiros de música, radio, deporte para a paz...etc.Ao final déronnos un diploma por participar e fixemos foto de grupo.

Saída infantil ao teatro

O luns 5 de febreiro os nenos e nenas de infantil tiveron unha saída didáctica ao teatro. Podedes ver algunha foto pinchando AQUÍ

Samaín 2017

Aquí deixamos un pequeno recopilatorio do que fixeron os especialistas de inglés co alumnado de primaria neste Samaín.

Que medoo!

Día de Rosalía de Castro 2024

As actividades realizadas con motivo da celebración do Día de Rosalí de Castro poden verse tamén nas seguintes redes sociais:

Facebook: O Toural en galego

Instagram: edlgdotoural

Vídeo resumo de actividades

Vídeo poemas

 

Información da ANPA

Premendo no seguinte enlace podes atopar toda a infornación sobre a ANPA do centro: Preme aquí

Consello escolar 23 - 24

Os membros do consello escolar no curso 2023 - 2024 son os seguintes:

Equipo directivo:

Pedro Martín Méndez Presidenta
Óscar Andrés Méndez Lorenzo Secretario
Susana Corbal Vidal Xefa de Estudos de Secundaria
Mª Mercedes Fernández Prego Xefa de estudos de Primaria

Representantes das/dos docentes:

Marta Olaya Varela Varela Educación Primaria
Ana Mª Rodríguez Allende Educación Primaria
Patricia Reguera Reguera Educación Infantil
Jose Ramón Fernández Feijoo Educación Secundaria
Alba Jiménez Varela Educación Secundaria
Fátima Miragaya de los Reyes Educación Secundaria

Representantes das Nais/Pais/Titoras/es legais:

Horario 22.23

  • Alumnado de primaria: de 8:45 a 13:45
  • Alumnado de secundaria: de 8:40 a 14:20 e os luns pola tarde de 16:20 a 18:00

A biblioteca do centro permanecerá aberta os mércores e xoves en horario de 16:20 a 18:00

 

Distribuir contido


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

by Dr. Radut