Skip to Content

EMPEZAMOS CO 3º TRIMESTRE

Ola a todos, xa estamos de volta, e , como xa vos comentei por wasap e Abalar , estamos a espera de directrices da Consellería para afrontar esta recta final.

Pero mentres non chegan e non vos podemos informar de xeito concreto, os rapaces podedes continuar a traballar pouco a pouco, así;

-Hai novas posibilidades de actividades en INFANTIL, picando directamente sobre o apartado de Infantil e tamén podedes practicar cos vosos fillos o publicado no BLOG de AL.

-Para os alumnos e alumnas de PRIMARIA, según o voso curso tedes que ir facendo as tarefas que aparecen no BLOG do voso curso. Un consello, ide facendo todo de xeito ordeado e coa data nos vosos cadernos, este detalle vai a ser moi importante para vós.

- En canto os alumnos de ESO, en breve teredes xa actividades máis concretas, de momento aproveitade para entrar no BLOG de INGLÉS, picade nas NOVAS TAREFAS DE ABRIL e sempre picade nos enlaces verdes!!!

 

Unha aperta e ánimo para todos!!!!



page | by Dr. Radut