Skip to Content

COMUNICACIÓN DO CENTRO

MEDIDAS ESTABLECIDAS NO CPI TOMÁS TERRÓN MENDAÑA DE CARA AOS 14 DÍAS DE CLASES SUSPENDIDAS POLO COVID-19.

ESTIMADAS FAMILIAS

Como xa sabedes a consellería decretou 14 días sen clase para todos os rapaces de Galicia, de todos os niveis educativos. Se supón que voltaremos a clase o próximo 30 de marzo.

Queremos notificarlles os cambios e como nos imos a organizar:

-     

A avaliación e entrega de notas de todos os niveis queda posposta ao 2/3 de abril, debido a que quedaban algúns exámenes pendientes.

-     A excursión a neve de 3º e 4º de ESO, tamén queda de momento anulada, con posibilidade de facela despois de semana santa se a situación volvese a normalidade.

-     Todos os alumn@s do centro levan os seus libros e material para poder traballar ou facer aquelas tarefas que se lle mandaron. Os de infantil e primaria os levan anotados, así como case todos os de secundaria.

-      

En diversas materias como son os idiomas, as linguas e Xeografía xa se foron  adiantando tarefas do 3º trimestre; como lectura de libros, preparación de futuros temas etc…

-      De todas formas se a situación se prolongase ou se desde o profesorado se quixesen añadir máis cousas, o faremos vía WASAP do centro ou ben a través da páxina web do colexio.

-      Tamén añadir que para os alumnos de 3º e 4º de ESO, varios profesores se comunicarán con eles vía Classroom ou Google Drive, eles xa o saben.

POR ÚLTIMO RECORDAR QUE ESTA SITUACIÓN ANÓMALA PERO IMPORTANTE, ESIXE DO COMPROMISO DE TODOS, DE FACER O QUE NOS PIDEN, PARA QUE ESTE PROBLEMA SE RESOLVA O MELLOR E O MÁIS RÁPIDO POSIBLE.

SOBRADELO, a 13 de marzo de 2020

 

A DIRECCIÓN



page | by Dr. Radut