Voluntariado miúdo (4º,5º P)

O venres  19 visitounos Ramón, coordinador do programa Voluntariado Miúdo, para realizar un pequeno obradoiro co alumnado de 4º e 5º de educación primaria. Tivo coma obxectivo pensar e crear un lema que represente o traballo que estamos levando a cabo este ano no centro arredor da protección do medio ambiente e o noso contorno. Este lema levarémolo á xuntanza que teremos no mes de xuño con outros centros galegos que este curso están neste mesmo programa.

Clube de lectura (2º,3º,4º ESO e adultos)

Marisa Castro, autora de "A saga das curandeiras" de tertulia cos lectores do Club de lectura.

 

 

Presentación libro

O venres 19 de maio ás 15:30 toda a comunidade educativa está convidada á presentación e posterior charla-coloquio sobre o libro: "A saga doas curandeiras". Contaremos coa presenza da autora, Marisa Castro Cerceda. 


Xogos, xoguetes e outros trebellos... (4º P)

Na casa e na escola, o lugar de xogo é todo o que nos arrodea. Xogos, xoguetes e outros trebellos axúdannos a coñecer o que nos rodea e os materiais que temos para deixar voar a nosa imaxinación. Unha das actividades que fixemos en 4ºEP foi a de preguntar a persoas máis vellas ca nós sobre os xogos da súa infancia. E descubrimos algunhas cousas!

Voluntariado miúdo. Residencia de maiores de Guntín

Dentro do programa voluntariado miudo, as rapazas de 4eso, fixeron entrevistas a varios usuarios e usuarias da residendencia de maiores de Guntín,  sobre as oportunidades educativas que tiveron no seu momento, e conocer un pouco mais  sobre súa vida laboral. Todos os entrevistados recomendaron ás nosas rapazas formarse e estudiar para ter un mellor futuro laboral.

Distribuir contido