Iniciar sesiónBuscar |
Visita de ACNUR e Mercado SolidarioO vindeiro 2 de xuño ás 10 da mañá teremos connosco a un representante de ANUR que nos falará das accións que levan a cabo a prol dos refuxiados. Este acto enmárcase dentro dunha campaña de recollida de fondos no noso centro, a través dun Mercado Solidario que permanecerá aberto do 1 ao 20 de xuño, no horario do recreo. Visita á Casa De Hortas en OuteiroO pasado 5 de maio fomos a Outeiro de Rei, patria de Manuel María de Hortas. Alí, na súa casa, na sede da Fundación que leva o seu nome, achegámonos a esta figura senlleira da nosa cultura. Este ano 2016 é o ano de Manuel María, pero nós pedimos e queremos que tódolos anos sexan anos para lembrar, para escoitar, para ler, para estudar...a este xigante das nosas letras. Grazas Manuel María por todo o que nos deixaches, por todo o que loitaches e por todo o que nos aprendeches... por todo, grazas. You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly. Día Mundial Contra o Acoso EscolarCada 3 de maio celébrase o Día Mundial contra o Acoso Escolar. Dende o noso centro rexeitamos calquera tipo de violencia, ese día e tódolos días do ano.
Xa está ben!O Consello Xeral do Poder Xudicial e mailo Observatorio veñen de editar un decálogo contra a violencia sobre a muller, que nos parece de moito interese para todos e todas. Deixamos o enlace de seguido: NOTA: Na parte inferior da páxina do enlace está a publicación da campaña. Documentación matrículaPara a matriculación do alumnado é necesario unha documentación, que deixamos aquí para o seu coñecemento polas persoas que poidan estar interesadas. Ademais da solicitude e as autorizacións será necesario aportar: -Fotocopias dos DNI dos pais ou titor do alumno -Cartilla sanitaria -Libro de familia -Sentenza de separación, se é o caso Técnicas de EstudoDeixámosvos aquí unha serie de enlaces de moito interese sobre técnicas de estudo. http://contenidos.educarex.es/mci/2004/11/testinicio/indextestestudio.html http://conteni2.educarex.es/mats/121339/contenido/ https://luisamariaarias.wordpress.com/category/tutoria/tecnicas-de-estudio/
Navega con RumboO vindeiro 27 de abril terá lugar no noso centro, un ano máis, un taller do programa Navega con Rumbo. Trátase dun traballo no que se intenta concienciar ó alumnado para que fagan un uso asisado de internet. A charla está dirixida a nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO. Máis info en: http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/ Visita á Casa Museo de Manuel MaríaO xoves 5 de maio, en horario escolar, visitaremos a Casa Museo de Manuel María, escritor chairego ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Co gallo deste acontecemento, traballaremos previamente sobre a vida e obra deste egrexio autor galego. A esta visita acudirán nenos e nenas de 6º de Primaria, do Clube de Lectura de Primaria e da ESO, e todo o alumnado de 4º da ESO. Día Internacional do Libro InfantilO día 2 de abril conmemórase en todo o mundo o nacemento de Hans Christian Andersen coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil.
|
|