Blogues

Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación do CPI Tino Grandío está composto por:
-Orientadora Educativa
-2 Mestras Pedagoxía Terapéutica
-1 Mestra Audición e Linguaxe
-2 titoras dos ámbitos sociolingüístico e científico-tecnolóxico.
Como principais áreas de intervención destacamos:
A Acción Titorial
Atención á Diversidade
Orientación Académica e Profesional

Para calquera consulta poden dirixirse ao centro educativo e estableceremos unha cita na maior brevidade posible.

 Para máis información podedes consultar estas páxinas: 

Revista Pallares 2015

1ª Parte. Preme enriba da imaxe

portada_revista_2015.jpg

2º Parte. Preme enriba da imaxe

portada_revista_2015.jpg

 

 

 

Para atoparnos...

Estamos no Concello de Guntín, provincia de Lugo. A nosa dirección é: CPI Tino Grandío Estrada s/n 27211 Guntín.

Para chegar ao noso centro vindo dende Lugo pola estrada de Santiago, saíndo xa do pobo de Guntín, á esquerda atopamos unha estrada xusto ó carón dunha gasolinera. Collemos esa estrada, pasamos o Centro de Saúde, que está na marxe dereita, continuamos uns poucos metros e á esquerda xa está o noso centro.

Na actualidade impártense clases de Educación Infantil, Primaria e ESO; hai ó redor de sesenta alumnos en educación infantil e primaria, e cincuenta na ESO. Estamos a sufrir un descenso moi considerable na matricula porque ó estarmos situados nun núcleo rural, estamos supeditados a sufrir as consecuencias dunha poboación envellecida, unha tasa de natalidade moi baixa...

A maior parte do alumnado é transportado e, polo tanto, benefíciase do servizo de comedor no centro.

Para máis información chamar ao 982870363. 

 cpi.tino.grandio@edu.xunta.es 

 

Equipo Directivo 2021/2022

 DIRECTOR/A : José Luis Díaz Fernández

 SECRETARIO/A : Olalla Otero Vázquez

 XEFA DE ESTUDOS  ESO:  Ana Arias Castro

       XEFA DE ESTUDOS PRIMARIA: Vanesa Vila Pardellas

 

Os ENDL do CPI de Guntín e do CEIP de Taboada crean un blogue conxunto

Os Equipos de Dinamización Lingüística do CPI Tino Grandío de Guntín e do CEIP Sto Tomé de Carballo de Taboada veñen de crear un blogue conxunto para fomenta-lo uso do galego nos seus respectivos centros.

Esre é o enlace:http://www.tinoetome.blogspot.com

Distribuir contido