881 86 70 01
Eventos
Sábado Outubro 21, 2023
Start: 21/10/2023 12:56
Como despedida do verán e acollida do outono, o Equipo de Dinamización Lingüística ten previsto realizar unha serie de actividades a finais deste mes de Outubro.
As actividades programadas serán as seguintes:
- Exposición de composicións artísticas realizadas con productos do outono (cabazas, castañas, landras, noces, espigas, bugallos …). Poderán achegalas entre o 23 e o 27 de Outubro, excepto as que sexan con cabazas que só se poden achegar o día 30 e 31.
- Certame de relatos curtos de medo. (Ver documentación anexa).
- Recompilación de receitas nas que se empreguen produtos do Outono.(Ver documentación anexa).
- Celebración do Magosto e Samaín o día 31 de Outubro. Este día gozaremos dunha xornada lúdico-festiva na que asaremos castañas e realizaremos diferentes obradoiros ambientados no outono. Por iso, precisamos que o alumnado traia unha manchea de castañas picadas para o día 30.
Domingo Outubro 22, 2023
Start: 22/10/2023 17:20
O venres 20 de outubro comezaron os obradoiros do horto escolar deste curso 2023-2024.
Alumnado de ESO, Infantil e Primaria desfrutaron, entre outras actividades, dunha clase práctica sobre herbas aromáticas e sementaron chícharos.
Todo isto na marabillosa compaña dos usuarios do Fogar de Ceilán e a Fundación de Discapacitados Psíquicos da Barcala.
Xoves Outubro 26, 2023