XXV edición da Olimpíada Galega de Matemáticas

O xoves 25 de abril comezou a Fase Zonal da Olimpíada Matemática, que se celebrou de forma simultánea nas sete cidades galegas.

 

O Salón de Columnas do Círculo das Artes de Lugo acolleu a celebración da XXV edición da Olimpíada Galega de Matemáticas, organizada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática Agapema.

 

As alumnas de segundo da ESO, Carla Saa e Uxía Vázquez representaron ao CPI San Tomé do Carballo, nunha proba que consistiu en resolver cinco problemas.

 

Os finalistas seleccionados na fase de zona asistirán á Fase Final Galega, que terá lugar o xoves 23 de maio, tamén no Círculo das Artes, onde estudantes de toda Galicia reuniranse, e dos que só tres chegarán á final española, que se celebrará en Estremadura no mes de xuño.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet