VI Andaina escolar polo camiño de inverno

 

O venres día 6 de outubro a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organizou a VI Andaina escolar polo Camiño de Inverno na que participamos uns 1.600 escolares de distintas localidades.

O alumnado dende terceiro de primaria ata cuarto da ESO participaron nesta actividade deseñada con distintas distancias que dependían da idade dos participantes.

Gozamos día soleado, que rematamos en Monforte.

Queremos felicitar á organización polo éxito nunha actividade complexa cuns obxectivos que aúnan divulgación cultural con convivencia. O elevado número de participantes e as diferentes idades, a coordinación con diferentes organismos, a loxística para o avituallemento, supuxeron un reto que superaron con solvencia.

 
   
   
   

Powered by Drupal - Design by artinet