14 de marzo. Día do número PI.

O 14 de marzo celébrase o Día do Número Pi, unha data para celebrar a existencia dunha constante matemática, que foi moi significativa ao longo da historia.

Enténdese por número Pi o número que se obtén dividindo a lonxitude dun círculo polo seu diámetro.

Dado que Pi é un número infinito, é imposible calcular a área exacta do círculo.

O número Pí ten funcións infinitas nas nosas vidas, xa que se aplica ao mundo de Internet, ao ordenador, ao teléfono móbil e mesmo aos sinais GPS.

 
   

As 169 primeiras cifras decimais do número Pí adornaron a entrada do edificio de Secundaria. Bo traballo!!

 

XXV edición da Olimpíada Galega de Matemáticas

O xoves 25 de abril comezou a Fase Zonal da Olimpíada Matemática, que se celebrou de forma simultánea nas sete cidades galegas.

 

O Salón de Columnas do Círculo das Artes de Lugo acolleu a celebración da XXV edición da Olimpíada Galega de Matemáticas, organizada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática Agapema.

 

As alumnas de segundo da ESO, Carla Saa e Uxía Vázquez representaron ao CPI San Tomé do Carballo, nunha proba que consistiu en resolver cinco problemas.

 

Os finalistas seleccionados na fase de zona asistirán á Fase Final Galega, que terá lugar o xoves 23 de maio, tamén no Círculo das Artes, onde estudantes de toda Galicia reuniranse, e dos que só tres chegarán á final española, que se celebrará en Estremadura no mes de xuño.

 

 

Menú maio 2024

Menú mes de maio de 2024

 

 

 

Fai clic no seguinte enlace menú maio 2024

#Nohayexcusa

No ano 2023 a ONU puxo en marcha a campaña Non hai escusa! para promover o investimento en prevención e insta á mobilización e á solidariedade coas defensoras dos dereitos das mulleres, para conseguir un mundo libre e seguro para todas as mulleres e nenas.

No CPI San Tomé non quixemos deixar a oportunidade de aproveitar esta data para concienciar ao noso alumnado do gran problema da violencia de xénero, e realizamos unha morea de actividades que remataron na praza Riazón en entre as que destacamos:

Creación dunha gran cadea para que cada un/unha poidese rompela

Visita á Casa da Cultura para vela exposición, organizada polo Concello de Taboada, de cartaces e cadros que sobre esta temática presentaron diversos autores galegos

Lectura dun manifesto

Flashmob a cargo de alumnado de ESO

 

 

O alumnado de primeiro ciclo visita Marcelle

   
   
   

O alumnado de primeiro e segundo de educación primaria visitaron Marcelle Natureza, un zoolóxico situado no concello galego de Outeiro de Rei. Os animais de ese zoolóxico doutros zoolóxicos, centros de recuperación ou centros de rescate, nunca de capturas de animais en estado salvaxe. No parque pódese gozar de especies de fauna autóctona, entre as que destacan o lobo ibérico, o xabaril e o oso pardo; así como especies exóticas como bisonte, lince boreal, suricatos, avestruces, dromedarios, canguros, cebras, capibaras ou armadillos entre outros.

   

A Escudería Taboada e a Federación Galega de Automovilismo nos visitan

 

 

O programa de charlas “FGA nas Aulas” cumpriu a súa terceira etapa o 7 de febreiro visitando o CPI San Tomé do Carballo.

 

Este ciclo de coloquios, que conta coa colaboración de Supermercados Gadis, contou con alumnos e alumnas de distintas idades que recibiron nocións sobre o mundo da competición e puideron escoitar as anécdotas de José Seijo, Brais Rigueira, Carlos Álvarez e Miguel Ratón, pilotos da Escudería Taboada e que ademáis achegaron os seus vehículos de competición ao centro.

 

Despois do xa habitual turno de preguntas, o alumnado puido observar de preto os vehículos de competición, habituais dos campionatos autonómicos galegos e algún do nacional.

 

O alumnado recibiu as indicacións para participar no concurso de debuxo que fará cun deles sexa o deseñador do Renault Clio Rally5 de Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey nunha proba do Campionato Galego de Rallyes.

 

 

 

Plan Director: Acoso

 

A Garda Civil a través do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus entornos para o curso 2023-24, visitounos o día 12 de marzo para falarnos do acoso e ciberacoso escolar.

 

 

 

 

O GRAN CAMIÑO 2024

O venres 23 de febreiro a segunda etapa da proba ciclista O GRAN CAMIÑO, saiu de Taboada.
O alumnado e profesorado do centro aproveitamos esta oportunidade para gozar dunha proba de gran nivel que transmite valores como moito sacrificio, esforzo e traballo en equipo, polo que acodimos a vela saída.
Os horarios da proba farán que modifiquemos a hora de retorno do alumnado aos seus fogares pois parte das nosas estradas estarán Nun día con moi mal tempo e moita choiva impúxose o ciclista Jonas Vingegaard do equipo Jumbo - Visma

 

 

Coñece as túas institucións

O día 31 de outubro o alumnado dos últimos cursos de primaria e os primeiros de secundaria participamos no programa Coñece as túas institucións.

Tras o traballo de preparación na aula, fomos a Santiago onde podemos coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta e comprenda a separación de poderes propia das democracias.

 
   
 

VI Andaina escolar polo camiño de inverno

 

O venres día 6 de outubro a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organizou a VI Andaina escolar polo Camiño de Inverno na que participamos uns 1.600 escolares de distintas localidades.

O alumnado dende terceiro de primaria ata cuarto da ESO participaron nesta actividade deseñada con distintas distancias que dependían da idade dos participantes.

Gozamos día soleado, que rematamos en Monforte.

Queremos felicitar á organización polo éxito nunha actividade complexa cuns obxectivos que aúnan divulgación cultural con convivencia. O elevado número de participantes e as diferentes idades, a coordinación con diferentes organismos, a loxística para o avituallemento, supuxeron un reto que superaron con solvencia.

 
   
   
   

Powered by Drupal - Design by artinet