PARA REALIZAR XESTIÓNS NO NOSO CENTRO TEÑEN QUE SOLICITAR CITA PREVIA.

As horas de atención ao público serán, para non coincidir coa entrada do alumnado nin cos recreos, de 10:00 a 12:00 e de 13:00 a 14:00. 

Por mor do benestar do noso alumnado, lles recordamos que solicitan cita previa.

As nosas cousas

Fai clic na imaxe para ver a nosa revista

 

O alumnado de ESO viaxa ao Norte de Portugal

s días 18, 19 e 20 de xuño o alumnado de ESO participa nunha viaxe cultural ao Norte de Portugal.

 
 
   
   

Saída cultural Fín de curso. Terceiro ciclo de primaria.

Os días 17, 18 e 19 o alumnado de Terceiro Ciclo realiza a saída fin de curso.

Cun intinerario variado que comeza co último tramo do Camiño dende o Monte do Gozo ata a Catedral, tras visitar Santiago, no Alvia nos trasladamos á Coruña  e dende aí a Gandarío onde pernoctamos.

O martes o dedicamos a coñecer a oferta cultural da Cidade de A Coruña

 
 

 

 

Barco de dragóns

Baixo ese nome o alumnado de ESO participou en Lugo nunha actividade de iniciación ao piragüismo e paseo polo Miño no drakar.

Ezequiel Mosquera nos visita

O exciclista Ezequiel Mosquera impulsou, a reaparición dunha volta ciclista profesioal a Galicia despois de dúas décadas de ausencia e denominada O GRAN CAMIÑO.

 

Un dos mellores ciclistas galegos de tódolos tempos, visitou o noso centro e falounos dese gran proxecto e hoxe realidade exitosa "O GRAN CAMIÑO", ao tempo falou dos valores do deporte.

 

Invitándonos a facer máis exercicio e dedicarlle menos tempo ás redes sociais.

 

   

 

 

A vida é corta e fumar a acurta

A vida é corta e fumar a acurta, foi o título da interesante conferencia que,  celebramos o día 21 de marzo, destinada á prevención desta práctica tan nociva como adictiva.

O fume do tabaco contén moitos produtos químicos que son nocivos tanto para fumadores como para non fumadores.

Respirar só un pouco de fume de tabaco pode ser prexudicial.

Dos máis de 7.000 produtos químicos presentes no fume do tabaco, sábese que polo menos 250 son nocivos.

Das 250 substancias nocivas coñecidas no fume do tabaco, polo menos 69 poden causar cancro.

O número de mortes imputables en España por mor do tabaco elévase a unhas 63.000 cada ano.



 

 

Powered by Drupal - Design by artinet