CIRCULAR FAMILIAS ALUMNADO INFANTIL

Estimadas familias do alumnado de educación infantil:

Tal e como se vos informou o pasado 7 de outubro, os vosos fillos/as foron incluídos nun expediente de Educovid por poder ser considerados contactos dunha persoa que posteriormente dou positivo en Covid-19, pero que non tivera síntomas estando con eles/as. Queremos deixar constancia de que para os vosos fillos/as solicitouse dende Sanidade unha proba PCR de carácter meramente preventivo, polo que non era necesario manter corentena segundo nos informou o Servizo de Alertas epidemiolóxicas.

Unha vez aberto o expediente, dende o centro non temos ningunha información nin responsabilidade da execución do mesmo. Para preguntar pola situación na que se encontra o voso fillo/a (resultado ou realización da proba PCR, se pode ou non incorporarse ao centro...) debedes preguntar na Consellería de Sanidade, pois son cuestións que están fóra do ámbito educativo.

Lamentamos as molestias que isto poida ocasionar, pero non somos responsables das actuacións que dende Sanidade se leven a cabo.  

Ao igual cá vós, só queremos o mellor para os vosos fillos/as.

Un saúdo.

Silvia Padrón

Directora.

CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS.

Estimadas familias:

Lamentamos ter que informarvos de que ao longo desta semana se confirmaron seis casos positivos de Covid 19 entre o alumnado e o persoal do noso centro. Desexámoslles que se encontren ben e se recuperen o antes posible.

Tomando como referencia o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, e seguindo en todo momento as indicacións das Autoridades sanitarias, dúas aulas foron postas en corentena. Tamén houbo profesorado e alumnado que realizaron ou realizarán unha proba PCR de carácter preventivo. En cada caso se informou ás familias e ao profesorado afectado, respectando en todo momento a protección de datos das persoas involucradas. Tamén saberedes, se é o caso dos vosos fillos/as, que a Aula virtual do centro e a plataforma E-Dixgal xa están en funcionamento.

Seguindo ese mesmo Protocolo, estamos en permanente contacto co Servizo de Alertas epidemiolóxicas de Galicia e coas autoridades educativas, que constitúen guías constantes e apoios fundamentais para o noso traballo nestes días difíciles.

Dende o Equipo directivo estamos centrando todos os esforzos en garantir a seguridade de todo o alumnado e o persoal que traballa no centro, insistindo no cumprimento das medidas de prevención e hixiene básicas incluídas no Protocolo. Por ese motivo desexamos transmitirvos unha mensaxe de calma e tranquilidade.

Non queremos rematar sen agradecer o gran traballo levado a cabo polo profesorado e o persoal de administración e servizos (conserxería, administración, comedor e limpeza), especialmente nesta última semana. E, como non, agradecemos tamén o esforzo do alumnado no cumprimento das medidas de prevención adoptadas no centro que en cada momento lles esiximos, polo seu propio ben e polo ben de todos.

Por último, queremos lembrarvos ás familias a importancia de ter instalada a aplicación AbalarMóbil nos vosos teléfonos móbiles, pois será empregada como principal vía de comunicación dende o centro con vós.

Ánimo e un saúdo cordial.

Equipo directivo.

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA A TRAVÉS DA APLICACIÓN ABALAR

Este ano a xustificación de faltas de asistencia do alumnado do centro educativo realizarase a través da aplicación Abalar.

Premendo no seguinte enlace, podrá ver como é o proceso:

Xustificación de faltas de asistencia

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS (ALUMNADO DE ESO)

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS NA ESO

Data publicación.- 23/09/2020

Lugar de consulta da listaxe dos libros concedidos.- No CPI Plurilingüe Santa Lucía.

Entrega dos libros.- Ó alumnado durante o mes de setembro.

APRAZAMENTO DAS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS NA ESO

Debido ó aprazamento do inicio do curso en Educación Secundaria non podemos publicar a listaxe definitiva da asignación do fondo de libros para a ESO.
Publicaremos a listaxe o antes posible.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

(Alumnado da ESO que tiña materias pendentes para setembro)

Data para a recollida dos vales.- Martes, 15 de setembro do 2020

Horario:

  • De 10:00 horas a 12:00 horas
  • De 13:30 horas a 14:00 horas

Deben recoller o vale os pais/nais, titor/a legal ou persoa autorizada.

A persoa autorizada deberá presentar o formulario de autorización, fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a legal  e DNI orixinal do autorizado/a. Descargar formulario de autorización.

Aprázase o inicio escolar do alumnado de secundaria aos días 23, 24 e 25 setembro.

Estimadas familias:

Segundo vén de saír publicado no portal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, aprázase o inicio do curso escolar para o alumnado da ESO do seguinte xeito:

- mércores 23 setembro: 1º e 2º ESO.

- xoves 24 setembro: 3º ESO.

- venres 25 setembro: 4º ESO.

Máis información en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889

Un saúdo,

Silvia Padrón

directora.

Recollida de Autobuses ata o 15 de setembro

Estimadas familias,

Dende o 10 ata o 15 setembro, incluído, o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que fai uso do transporte, será recollido polos autobuses ás 15:15 horas no centro educativo.

Un saúdo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer