Bo Nadal!
Enviado por andreadominguez o Mar, 12/21/2021 - 09:00Estimadas familias,
Dende o CPI Plurilingüe Santa Lucía, queremos desexarvos un marabilloso Nadal e un ano 2022 que veña cargado de boas novas.
Compartimos con vós este precioso agasallo feito con moita ilusión por todas as persoas que formamos parte desta comunicade educativa.
Bo Nadal e Feliz Aninovo!
MERCADO SOLIDARIO
Enviado por sandrapiñeiro o Ven, 12/10/2021 - 09:50OBRADOIRO PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DENDE A FAMILIA
Enviado por mariafernandez o Xov, 12/09/2021 - 10:19Estimadas familias:
Informamos de que o próximo martes 14 de decembro se levará a cabo un Obradoiro de Prevención do Abuso das Novas Tecnoloxías dende a familia.
Está destinado ás familias do alumando de ESO. As indicacións para conectarvos e máis detalles, tédelos no seguinte enlace.
IMPORTANTE: CAMBIO DE HORA!!! SERÁ ÁS 19:30
Obradoiro novas tecnoloxías ESO
Un saúdo
A directora
María Fernández Ferro
Información de interese para o curso 2021/22
Enviado por Anónimo o Mar, 12/07/2021 - 12:45Documentos de interese para o curso 2021/22:
- Plan de Adaptación ao contexto da Covid 19 do CPI Plurilingüe Santa Lucía
- Plan de continxencia do CPI Plurilingüe Santa Lucía
- Enquisa de autoavaliación Covid
- Declaración responsable para as familias
Teléfono móbil de contacto. Habilitado unicamente para informar sobre sospeita ou confirmación dun caso de COVID. |
649467094 |
Enderezo electrónico. Habilitado unicamente para solicitar información sobre o protocolo de actuación e as medidas de prevención, hixiene e promoción da saúde implantadas no centro. |
infocovidcpisantalucia@gmail.com |
Seguimento de casos de Covid 19 na comunidade educativa do CPI Plurilingüe Santa Lucía |
|
Casos positivos activos confirmados |
2 |
Data de actualización |
04/05/22 |
Resultado do cribado realizado polo Sergas no centro o día 20/05/21 |
|
Probas PCR realizadas |
392 |
Positivos confirmados |
0 |
LISTAXE PROVISIONAL ALUMNDO ADMITIDO NO PROCESO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS NO CURSO 2021-2022
Enviado por mariafernandez o Mar, 11/30/2021 - 13:49Publicada a listaxe provisional de alumnado admitido e excluído no proceso de distribución de máscaras no taboleiro de anuncios do noso centro.
Tal e como indicaban as instrucións da orde de convocatoria, todo aquel alumnado ao que se lle concedeu a axuda de material neste curso 2021-2022 doi beneficiario desta prestación.
Un saúdo
A directora
María Fernández Ferro
Zapatos vermellos
Enviado por andreadominguez o Xov, 11/25/2021 - 16:28
INVITACIÓN Á PRESENTACIÓN DO LIBRO VIOLETA DOS HOMES E MULLERES DE MORAÑA
Enviado por mariafernandez o Mér, 11/24/2021 - 11:24PRESENTACIÓN LIBRO VIOLETA DOS HOMES E MULLERES DE MORAÑA
Dende o Concello convídannos a asistir á presentación do "Libro violeta dos homes e mulleres de Moraña" feito polos nenos e nenas do noso centro e as súas nais.
A súa presentación será o venres 26 de novembro no auditorio do edificio Multiusos de Moraña.
Un saúdo
A dirección
OBRADOIRO PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DENDE A FAMILIA
Enviado por mariafernandez o Mér, 11/24/2021 - 09:48OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DENDE A FAMILIA.
Estimadas familias, convidámosvos a participar neste obradoiro que se realizará o martes 30 de novembro ás 18:00 horas por videoconferecia.
Está enfocado ás familias de Ed. Primaria (máis adiante farase outro para as familias de ESO)
No siguiente enlace tendes os detalles para poder participar.
Obradoiro novas tecnoloxías Primaria
Un saúdo
A dirección
CROSS DE PORTAS- XOGADE
Enviado por Anónimo o Dom, 11/21/2021 - 13:09
O pasado 16 de novembro os alumnos/as de 5º, 6º e 1º, 2º de ESO disfrutamos do cross Xogade de Portas. O tempo acompañou e os resultados tamén. Pleno de victorias:
5º: 2º
6º: 1º
1º ESO: 1º
2º ESO: 1º
Noraboa aos nosos campións e campionas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »