Skip to Content

Posta en marcha da Ludoteca

A pasada semana comezou a funcionar a Ludoteca, a cal está emprazada na antiga vivenda do conserxe.

Con esta iniciativa preténdese encher os tempos de lecer do alumnado, tanto os da mañá coma os de comedor, e primordialmente os días nos que a climatoloxía non acompaña.

Día de Rosalía

Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía e nós unímonos a esta celebración cunha selección de poemas que titulamos "Aromas puros, frescura e poesía". Premede aquí se queredes coñecela.

Novo programa de Radio Sansa

radio SansaXa temos un novo programa, especial Entroido, de Radio Sansa.

Como sempre podedes escoitalo na web de Radio Sansa. Técnicamente ten algúns peros que de seguro podedes desculpar e como sabedes, son as cousas do direto. Esperamos que vos guste.

Preparádevos tamén para as visitas dos nosos reporteiros e para que solicitemos a participación do alumnado e profesorado de infantil, primaria e secundaria en vindeiros programas.

 

 

GAÑADORES DO CONCURSO DE SOBREMESAS DE ENTROIDO

foi dificil elixir porque estaba todo impresionante pero ao final así quedou o concurso de sobremesas de entroido:
 
- Primeiro Premio: María Varela Hermida e Aldara Pérez Paz coa súa " Trenza".

- Segundo Premio: Lucía e Aroa Chao Picos coas súas "Torrijas de flan".

- Terceiro Premio: Adrián Bouzas Carmona coas súas "Rosquillas".

Na fotografía anterior podedes ver a gañadora e nos dous documentos que se xuntan o segundo e o terceiro premios.

Noraboa a todos pola calidad do material presentado.

 

GAÑADORES DO CONCURSO DE SOBREMESAS DE ENTROIDO

RELACIÓN DE PREMIADOS NO "DÍA DA ILUSTRACIÓN EN GALICIA"

Xa temos a lista de premiados no concurso que convocou o EDLG do colexio. Son estes:

6º Primaria
Catalina Rodríguez Rico
Yago Lourido calvo
Ed. Secundaria
Nerea Gundín Fraga
Alejandro Castrillón Rañal
Paula Rebollar Fernández
Zeltia Vergara Casas

Nos arquivos que se xuntan podedes ver o material gañador.

Noraboa aos premiados.

 

ENTROIDO 2016 - OS MANDADOS DO MECO

Nesta semana celebraremos o Entroido no noso colexio. Cada día da semana, o noso amigo Paquito o Meco, iranos indicando que temos que traer para acbar disfrazados todos o venres. 

Cada día aparecerá nesta entrada a proposta do Meco:

 

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. A data, coma todos sabedes, foi escollida por ser a do falecemento de Mahatma Gandhi. 

 

CONCURSO SOBREMESAS DE ENTROIDO

No arquivo adxunto tedes as bases do concurso aberto para as sobremesas típicas de entroido.

Animádevos e sorte¡¡¡

Inicia a súa andaina Radio Sansa

Hoxe iniciou a andaina un novo proxecto de radio escolar no CPI San Sadurniño coa realización do primeiro programa de proba. Podedes escoitalo na web de Radio Sansa

Radio Sansa é un proxecto de radio escolar do C.P.I. San Sadurniño que dende a materia de educación plástica, visual e audiovisual quere chegar a toda a comunidade educativa e implicar a todo o alumnado e profesorado do centro, dende infantil a secundaria.

No momento actual estamos na fase de probas tratando de axustar a parte técnica e implicando e axudando ao alumnado para que sexan quen de desenvolverse sen moitos atrancos cos medios dos que dispoñemos.

Inicialmente os programas serán gravados para colocalos nesta web de maneira que poidan ser escoitados en calquera momento. Estamos a facer probas tamén coa emisión en vivo por internet de maneira que as producións en directo poderán ser escoitadas cando superemos algúns atrancos técnicos. Poida que máis adiante, se somos quen de asentar o proxecto cun grupo activo e estable de colaboradores, miremos a posibilidade de emitir usando unha pequena emisora de FM

Na nosa radio empregamos programas libres para a creación dos nosos programas. Traballamos sobre un sistema GNU/Linux con aplicacións de son como IDJC, Jack, Audacity, Audacious, ou Puddletag entre outras.

A música que escoitaredes na nosa radio será sempre baixo unha licenza que permita a súa libre difusión para respectar os dereitos de autor. As atribucións de autoría e información sobre os temas musicais empregados aparecerán en vivo nas nosas emisións en directo.

Esperamos que os nosos esforzos sexan do voso agrado e contamos coa vosa participación para darlle vida a este proxecto radiofónico escolar e comunitario. Vémonos nas ondas... ou nos bytes.

¡¡¡EMPEZAMOS A COLABORACIÓN CON METEOGALICIA!!!

O CPI San Sadurniño é colaborador da rede de estacións meteorolóxicas de Meteogalicia coa nosa estación automática. Transmitimos datos á rede de Meteogalicia cada 10 mintutos, datos que se poden consultar a tempo real na páxina web de Meteogalicia. Tamén se poden consultar os históricos e as gráficas ...

¡¡¡EMPEZAMOS A COLABORACIÓN CON METEOGALICIA!!!
Distribuir contido


by Dr. Radut