Skip to Content

Lembramos a Roald Dahl na Semana do Libro

Na nosa aula virtual atoparedes unha selección de recursos sobre Roald Dahl, a quen lle dedicamos xa a nosa guía de suxestións de Nadal. Agardamos que vos sexa útil e vos agrade.

III Parada Familiar de Xogos Tradicionais: que pasou?

O sábado pasado, organizada por este CPI, desenvolveuse a III Parada Familiar de Xogos Tradicionais.

No blog da actividade xa se atopa dispoñible un pequeno resumo do acontecido, así coma un vídeo que recolle os diferentes xogos practicados.

Pódese acceder a dito blog facendo clic na seguinte imaxe:

Charla sobre a Vespa Velutina

O pasado venres, alumnado de 2º a 5º de Educación Primaria acudiu á Casa da Cultura a unha charla impartida por un membro de AGA (Asociación Galega de Apicultura). Nela, o alumnado aprendeu a importancia que teñen as abellas no noso ecosistema, así como a ameaza que supón para o mesmo a presenza dunha especie invasora como é a vespa velutina.

Así mesmo, aprendemos a construír trampas e a elaboración de atraíntes para atrapalas, xa que esta é a época na que máis importante resulta facelo para frear a súa reprodución. Agardamos coller moitas!

Como remate, o alumnado presente foi agasallado cun tarriño de mel.

Visita á Horta de Froiteiras Autóctonas

A semana pasada, convidados por AGFA (Asociación Galega Froita Autóctona do Eume), o alumnado de Educación Infantil e de 1º a 4º de Educación Primaria visitou a horta que esta entidade ten en terreos cedidos polo Concello de San Sadurniño.

A xornada tivo un doble obxectivo: por unha banda, sensibilizar sobre a importancia da recuperación de especies vexetais autóctonas. Por outra banda, que o alumnado vivenciase de primeira man aspectos tan importantes como a floración das árbores ou como se plantan correctamente.

Contamos volver a finais de curso para ver como se van formando os froitos!

E velaí van unhas imaxes das visitas:

    

  

CHARLA CON PAULA MAYOBRE

O venres 7 todo o alumnado de ESO do colexio tivo a oportunidade de asistir, na casa da cultura do Concello, á proxección do documental "Contra os elementos" coa presenza dunha das súas protagonista, a atleta Paula Mayobre. Foi interesante comprobar o papel actual da muller en Galicia en diferentes deportes. Uns exemplos máis mediáticos que outros pero en todos os casos sempre admirables. Tal como reza o título...sempre loitando contra os elementos.

Grazas de xeito moi especial a Paula polas súas intervencións. Foi un honor contar coa súa presenza, que dun xeito simbólico podemos considerar o pistoletazo de saída para a carreira popular que como cada ano organizaremos o último domingo de maio en San Sadurniño.

CHARLA CON PAULA MAYOBRE

III Parada Familiar de Xogos Tradicionais

Xa temos en marcha a organización desta actividade!

Este ano desenvolverase o sábado 22 de abril de 16:30 a 19:00 h. na Finca de A Cortiña.

Para esta edición contamos que haxa algunha novidade. Podedes ir seguindo o estado organizativo a través do blog paradaxxttsansa.blogspot.com

Como en anteriores edicións, precisaremos a colaboración de xente adulta que se faga cargo dalgún dos xogos. Polo tanto, toda persoa que se preste a colaborar será benvida e poderá contactar con Iván no colexio ou ben a través do seu correo electrónico: iamontes@cpisansadurnino.org.

Xa para rematar, unha imaxe do cartaz deste ano:

 

VISITA A SANTIAGO

Onte martes 28 de marzo, os rapaces e rapazas de 3º e 4ºESO tiveron a oportunidade de pasar todo en día en Santiago realizando tres actividades moi interesantes.

Polo mañá cedo pasaron un par de horiñas no centro de meteogalicia, aprendendo un montón de cousas de meteoroloxía e soltando un globo sonda para recoller datos en directo. Despois pasamos polas instalacións da televisión de Galicia onde asistimos á emisión de directo do programa A REVISTA. Despois Nuria levounos ao plató onde se fai o telexornal e outros informativos resolvendo as dúbidas e curiosidades que nos pasaban pola cabeza. Despois de comer e gozar dun agradable paseo polo casco histórico de Santiago, puidemos comprobar en persoa o salto de calidade que experimentou o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago. As novas instalacións no parque de Vista Alegre son excelentes e as explicacións dos monitores encargados, acordes a esa calidade. Aprendemos moitas cousas sobre a fauna e a flora de Galicia nun museo que nada ten que envexar a outros de renome nacionais ou internacionais.

En definitiva un día moi agradable onde o comportamento do alumnado foi, como case sempre, modélico. Parabéns a todos.

VISITA A SANTIAGO

ADMISIÓN CURSO 17-18. LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Debido a que en todos os niveis educativos hai máis prazas que solicitudes, TODOLOS SOLICITANTES DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO ESTÁN ADMITIDOS. 

En arquivos adxuntos tedes as listaxes provisionais.

ALERTA POR NEVADAS

ALERTA POR NEVADAS. Diante da alerta por nevadas en determinadas zoas de Galicia comunicámosvos que o CPI DE SAN SADURNIÑO NON ESTÁ AFECTADO POR DITA ALERTA. Polo tanto o TRANSPORTE ESCOLAR, COMEDOR e CLASES se desenvolverán, nun principio, con normalidade, o que non quita que poida haber incidencias en algunha das liñas de transporte, de ser o caso, en zoas altas. 

O dito, en principio DESENVOLVEMENTO NORMAL das xornadas de mañá mércores e pasado mañá xoves. Máis información no portal educativo edu.xunta.es.

 

Un saúdo

 

A dirección

Alumnado de 1º e 2º de Primaria na TVG

En datas recentes, os cursos de 1º e 2º de Educación Primaria realizaron unha saída didáctica pola ría de Ferrol na lancha de Mugardos.

Un equipo da TVG aproveitou a coxuntura para facer unha reportaxe sobre a ría na que o noso alumnado colabourou.

Se o perdestes en directo, podedes velo facendo clic na seguinte imaxe (comeza aproximadamente en 1h e 2 minutos):

Distribuir contido


by Dr. Radut