O vindeiro mércores 11 de novembro o noso centro acollerá o Acto Central do Día do Peón. O Día do Peón é unha actividade convocada por Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional, que nesta ocasión chega á súa 11ª edición, na que xa temos participado dende hai varios anos.
Nesta edición, o noso centro foi seleccionado para acoller o Acto Central, acto que se celebra cada ano nunha localidade diferente coa intención de ser o epicentro da actividade e favorecer a realización dunha actividade colectiva.
Así, contaremos coa presenza de alumnado e profesorado dos seguintes centros educativos: CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela), CEIP de San Ramón (Moeche), CEIP A Laxe-Valón (Ferrol), CRA de Valdoviño e CEIP Centieiras (Fene).
Serán polo tanto máis de 550 rapazas e rapaces e preto de 50 mestras e mestres quen participen das diferentes actividades deseñadas e que se desenvolverán no seguinte horario:
De 11:15 a 12:45 (por grupos):
- Demostración en vivo dun torneiro.
- Demostración de habelencias.
- Obradoiros:
- Xogando con bailaretes.
- Construción de bailaretes.
- Decoración de bailaretes.
- Baile tradicional.
- Decoración dun peón xigante.
- Xogos con peóns.
- Visita á exposición “O peón, un mundo de amigos”.
De 12:45 a 13:15 (en conxunto):
- Lectura do Manifesto do Día do Peón por parte do seu autor, Secundino García Mera (Director do Museo Etnográfico de A Capela).
- Tirada conxunta de peóns.
- Bailado dun peón xigante.
Noutras edicións temos convidado ás familias e veciños a participar nesta actividade, pero dado o elevado número de alumnado participante, nesta ocasión isto só será posible nas actividades que se desenvolverán en conxunto.
Para o desenvolvemento desta actividade contamos coa colaboración de:
- Concello de San Sadurniño.
- “No Cómbaro”, grupo musical pontés que poñerá a música en vivo no Obradoiro de Baile Tradicional.
- Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, que emprestou a exposición “O peón, un mundo de amigos”.