Concurso de sobremesas de Antroido 2014
(Organizado polo equipo de actividades extraescolares)
Relación de premiados:
1º Premio
Diego Fernández Rañal
Follas de limón e Filloas
Follas de limón: Filloas
200 gr de fariña 1 litro de leite enteira
6 ovos 6 ovos
125 ml de leite 280 gr de fariña
½ sobre de lévedo Royal 1 chisco de sal
Follas de limoeiro 1 vaso de anís
Azucre glass 3 culleradas de azucre
Raiadura dun limón
2º Premio
Lucía e Aroa Chao Picos
Almendrucos
Por cada ovo tres culleradas de azucre (3 ovos)
Un chupito de anís
100gr de améndoa moída
3 vasos de fariña
Mesturar todos os ingredientes, amasar, estirar, facer boliñas con forma e tamaño dunha améndoa e fritir en aceite.
3º Premio
Ana Fraga Veiga e Nerea Gundín Fraga
Torradas
2 barras de pan ( do día anterior)
1 litro de leite
2 vasos de anís
2 ovos
canela
azucre
aceite de oliva
Mesturar o leite e o anís nunha cazola e poñer no lume, engadir un toque de canela ”ó gusto” (como facía a miña avoa), remover un pouco ata que empece a ferver. Deixamos repousar.
Cortamos o pan en rebandas un pouco grosas, somerxemos as rebandas do pan no leite co anís temperado ata que empapen ben, deixámolas nunha fonte entre 5 e 10 minutos repousando. Por último batemos os ovos e rebozamos as torradas, ás fritimos e ás poñemos a escorrer no papel absorbente e engadimos azucre por enriba.