INFORMACIÓN SOBRE PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
PARA O CURSO 2014-2015
-
NORMATIVA REGULADORA
-
-
Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro 2012)
-
Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo 2013)
-
Corrección de erros á orde (DOG do 24 de abril 2013)
-
Hai copia desta normativa na Secretaría do Centro para a súa consulta.
-
-
INFORMACIÓN XERAL DO CENTRO
-
-
O Proxecto educativo do centro pode ser consultado na páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/cpisansadurnino/system/files/PEC_1.pdf
-
A zona de influencia do centro será a que se establece no Proxecto educativo do Centro.
-
Para calquera información relativa aos servizos, horarios, ensinanzas, instalacións, etc propias do centro, consultar co equipo directivo ou na páxina web do centro.
-
O CPI de San Sadurniño é un centro de titularidade pública que ten adscritos o CEIP de San Ramón de Moeche e o CRA de Narón.
-
-
O CPI de San Sadurniño ofrece servizo de comedor e transporte escolar todos os días lectivos da semana.
-
Ten dereito a transporte escolar e comedor o alumnado que reside na zona de influencia establecida para o centro pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e vive a máis de 2 Km do centro.
Os que residen fora da zona de influencia do centro poderán solicitar, cada curso, o uso de transporte e comedor sempre e cando se dispoña de prazas e non se modifique a ruta.
-
O servicio de comedor se regirá polo Decreto 132/2013 do 1 de agosto (DOG do 13 de agosto de 2013) polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería con competencias en materia de educación.
-
Garantía de Permanencia: O alumnado matriculado nun centro docente público ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e dentro do prazo establecidos nesta orde e, ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.
Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no centro de orixe.
-
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
-
-
Solicitude (Anexo II dispoñible na secretaría do centro, na páxina web do Centro ou no portal da Xunta). Deberá estár firmada polos dous pais , de ser o caso.
-
Copia do DNI do alumno/a ou da páxina do libro de familia onde se acredite a súa idade
-
Copia dos DNIs dos pais ou titores legais.
-
Certificado do Padrón municipal onde figuren todos os membros da unidade familiar e a data de Alta na vivienda.
-
Certificado de matrícula do centro do que proceden, se é o caso.
-
Na reserva de praza terá que facerse constar o desexo de usar transporte e comedor.
-
A documentación terá que ser selada no centro e o interesado recibirá unha copia con data e selo de entrada que acredite a presentación da solicitude.
-
Se o/a alumno/a se escolariza por primeira vez no centro SERÁ PRECEPTIVA UNHA ENTREVISTA COA ORIENTADORA DO CENTRO, co fin de detectar necesidades de apoio educativo. Terán que pedir cita e terá que estar o alumno.
-
-
LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
-
-
Na secretaría do centro que solicita en primeiro lugar.
-
Poderá consignar na solicitude ata outros 6 centros nos que estea interesado.
-
NUNCA se presentará máis dunha solicitude aínda que se pida máis dun centro. Sempre unha solicitude no primeiro centro de interese.
-
A duplicidade de solicitude ou a falsidade documental fará INEFICAZ a solicitude e o caso pasará á comisión de escolarización da zona educativa correspondente.
-
5. VACANTES E CALENDARIO
-
NIVEL ACADÉMICO
Nº total de PRAZAS
Nº RESERVAS DO CENTRO E CENTROS ADSCRITOS
RESERVA NEAE
Nº DE PRAZAS VACANTES
4º Ed. Infantil
25
0
3
22
5º Ed. Infantil
50
27
24
6º Ed. Infantil
25
18
7
1º Ed. Primaria
25
26
0
0
2º Ed. Primaria
25
21
4
3º Ed. Primaria
25
22
3
4º Ed. Primaria
25
18
7
5º Ed. Primaria
25
20
5
6º Ed. Primaria
50
28
22
1º ESO
60
19+7
3
31
2º ESO
60
32
28
3º ESO
60
35
25
4º ESO
60
30
30
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN Ó CENTRO PARA O CURSO 2014-2015 |
|
Presentación solicitude admisión |
DO 6 AO 20 DE MARZO |
Presentación de documentación xustificativa, (de solicitala o centro, ver punto 6) O 21 de marzo notificarase na web do centro e no taboleiro si é necesario aportar documentación |
24 MARZO AO 4 ABRIL |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos |
ANTES 25 ABRIL |
Publicación das listaxes definitivas |
ANTES 15 de MAIO |
Formalización da matrícula en EI e EP |
DO 20 AO 30 DE XUÑO |
Formalización de matrícula en ESO |
DO 25 DE XUÑO AO 10 DE XULLO |
Prazo extraordinario de matrícula en ESO |
DO 1 AO 10 DE SETEMBRO |
6. PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN DE MÉRITOS ALEGADOS
-
-
SÓ NO CASO DE HABER MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS o 21 de marzo notificarase na Web do Centro e no taboleiro si será necesario aportar máis documentación e convocar consello escolar para establecer a orde de admisión en función da documentación acreditativa de cada situación (Baremación).
-
No consello escolar celebrado o día 19 de febreiro decidiuse non establecer un criterio complementario de centro.
-
Adxunto | Tamaño |
---|---|
informacion admisión matrícula 2014-2015.pdf | 121.72 KB |