Skip to Content

CIRCULAR Nº 16- FIN DE CURSO

CIRCULAR  Nº 16 

                      Rastro solidario 2013 

Recordamos que o xoves 20 de xuño celebraremos o Rastro Solidario 2013. Polo tanto, pregámoslle que se está interesado en doar algún xoguete, libro, Cd, DVD, etc o vaia entregando no centro ao titor correspondente.

Poñemos o venres 14 de xuño como data límite.

Ata este momento hai moi pouco material doado, no caso de non recoller o suficiente suspenderíase a actividade.

·                     Fin da campaña de recollida de aceite usado

Co fin das clases damos por concluida a campaña de recollida de aceite usado por este curso.

·     Festival fin de curso

O venres día 21 celebraremos o fin do curso cun festival no que teremos unha exhibición de actividades extraescolares, a actuación dun mago, bailes de alumnos de infantil, primaria e secundaria e entrega dos premios do concurso de fotografía. Este festival ao que quedades todos os pais convidados comezará ás 11:30 cunha duración prevista de dúas horas.

Este día cumprirase o horario habitual con servizo de comedor e transporte, podendo saír os buses uns 10 minutos antes.

Os pais que asistan ao festival e teñan pensado recoller aos seus fillos despois deberán comunicalo aos seus titores con dous días de antelación mediante unha nota. A hora de saída destes alumnos será ás 13:40.

 

·         Entrega de notas

As notas serán entregadas polos titores o venres 21, agás no caso dos alumnos de 3º e 4º ESO quen por atoparse de excursión as recollerán o martes 25 ás 10:00.

 

 

l            Prazos de matrícula.

Días 20 e 21 de xuño: alumnos novos de infantil e primaria.

E. Secundaria obrigatoria: do 25 xuño ao 10 xullo (alumnado que aprobe todo en xuño). Para unha atención máis rápida, respecten estas datas:

 

Días 25 e 26 de xuño:        1º de ESO

Días 27 e 28 de xuño:        2º de ESO

Días 1 e 3 de xullo:            3º de ESO

Días 4 e 5 de xullo:              de ESO

Días 8 e 9 de xullo:            Entrega de documentación complementaria.

 

·         Axudas para libros:

Infantil e primaria:             Mes de xuño

Secundaria:                        Do 25 ao 10 de xullo

 

 

Na páxina web do centro, no apartado de Secretaría, pódese consultar toda a información referente á matrícula, axudas para libros e solicitude de novas paradas.

San Sadurniño, 12 de xuño de 2013

A Directora

 



book | by Dr. Radut