Skip to Content

Información sobre a Implantación da Xornada Lectiva en sesión Única de Mañá.

  • Regulada pola ORDE do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados.
  • Para poder implantala, deben cumprirse os seguintes requisitos:   
    1. Acordo do claustro, por maioría dos 3/5 dos seus membros.
    2. Acordo do consello escolar, por maioría dos 3/5 dos seus membros.
    3. Informe favorable do Servizo de Transporte.
    4. Acordo favorable do 58% do censo das familias. (Para os efectos de establecer o total do censo computarase a nai ou pai ou un dos titores legais do alumnado da etapa en que se pretende cambiar a xornada).
    5. Plan específico de actividades extraescolares 
  • Pasos a seguir para a súa implantación:

Votación do claustro e o consello, en sesións extraordinarias.

No caso de que as votacións de claustro e consello sexan favorables,  solicitude de informe favorable ao Servizo de Transporte.

Información sobre o plan específico de actividades extraescolares cun mes de antelación ás votacións do sector das familias. Que previamente será aprobado en Consello Escolar.

No caso de que o informe de Transporte sexa favorable, realizarase a votación das familias.

Informe favorable de Inspección Educativa.

Envío da solicitude á Consellería. 

 

Destacamos a importancia da asistencia das nais, pais ou titores e titoras legais á votación no caso de que esta poida levarse a cabo, e solicitamos a vosa colaboración.

Moitas grazas de antemán.

Deixámosvos a continuación no seguinte enlace o Plan de Actividades Extraescolares.



story | by Dr. Radut