Skip to Content

A materia optativa de Promoción de Estilos de Vida Saudables (1º e 2º da ESO)

Únete a nós apostando pola saúde!
Neste vídeo podedes ver posibles actividades a realizar na materia de Promoción de Estilos de Vida Saudables : análise da propia alimentación, almorzos saudables, actividades físicas saudables no medio natural (andainas, rutas en bicicleta, en patíns ou as actividades acuáticas que fixemos no encoro das Forcadas de vela, piragüismo e “paddle surf”) Ademais, desenvolveranse experiencias prácticas de horta ecolóxica e interacción harmónica co medio natural...

O currículo de PEVS ten como finalidade abordar a prevención dos efectos negativos da inactividade física e da dieta desequilibrada, tratando de proporcionarlle ao alumnado unha serie de competencias que lle permitan, desde a práctica, adquirir e instaurar un estilo de vida saudable e que este se manteña no tempo.

 


story | by Dr. Radut