Recentemente recibimos unha visita pouco habitual. Profesorado que está a participar no programa europeo "Robotdance", procedente de Finlandia e Gales, visitounos para coñecer de primeira man o traballo que está a desenvolver o noso centro no campo da robótica educativa.
O profesorado visitante foi dividido en función das idades do seu alumnado e realizou visitas diferenciadas.
En Secundaria realizaron as seguintes actividades:
- Explicación en inglés, por parte de alumnado de 4º da ESO, de diferentes retos que traballaron na materia de Tecnoloxía, e que foi tal éxito que ó remate da mesma foi aplaudida polo profesorado visitante.
- Obradoiro de programación para atopar a solución a algún dos retos explicados previamente.
- Mostra de como se realiza a introdución da robótica na ESO.
En Educación Infantil e Educación Primaria experimentaron:
- Cos diferentes robots cos que se está a traballar nestas etapas.
- Como é unha clase de robótica coma área de libre configuración en 4º de Educación Primaria.
- Como traballamos cos Lego WeDo para traballar contidos da área de Ciencias da Natureza en 3º e 4º de Educación Primaria.
Finalizadas as actividades, recibimos os parabéns e varias mostras de satisfacción polos contidos que se desenvolveron durante a visita.
Facendo clic na seguinte imaxe pódese acceder a unha galería de imaxes da actividade: