Onte desprazouse a Santiago un mestre do centro para participar nesta xornada, xa que o curso pasado o noso centro foi seleccionado para participar no programa "Bilbioteca Creativa".
Se o curso pasado a participación neste programa supuxo a dotación de catro robots modelo "Escornabot" e formación para a súa montaxe e emprego en actividades educativas, para o presente o tema a tratar será a impresión 3D.
Agardamos ter en breve o material preciso e comezar a dar os primeiros pasos cun recurso que de seguro vai dar moito de si.