Skip to Content

COÑECERNOS PARA QUERERNOS

Imaxe de biblioip

Neste curso a nosa Biblioteca participou, xunto con outras bibliotecas de centros públicos de Ferrolterra, no proxecto conxunto "Coñecernos para querernos" `con intercambio de correspondencia e materiais cos clubes de lectura e escolas dos campamentos de refuxiados do Sahara Occidental. Cada centro traballou un tema relativo á zona na que estaba o colexio ou á cultura e tradicións de Galicia.

No noso centro decidimos traballar os xogos populares; por un lado facendo unha selección de xogos tradicionais que enviamos ao Sahara e por outro lado, investigando sobre os xogos tradicionais saharauis e tratar de aprendelos e practicalos.

Isto levounos tamén a traballar, investigar e reflexionar sobre a vida, tradicións e cultura do Sahara Occidental.

Un resumo das actividades realizadas durante todo o curso podedes velas a continuación:

 

 

Os alumnos de cuarto de infantil realizaron este traballo para saber máis sobre a vida no Sahara:

En primeiro de primaria fixeron este traballo:

Os alumnos de primeiro investigaron sobre o xogo:

Os alumnos de quinto elaboraron este traballo:

Tamén enviamos un resumo cos actividades realizadas durante o día da paz, na que os rapaces disfrutaron cos xogos saharauis, e a o entroido, que nos permitiu coñecer máis o mundo do deserto e as tradicións e maneira de vestir dos saharauis.


story | by Dr. Radut