Skip to Content

OS MAIORES TAMÉN CONTAN II

Imaxe de biblioip

Nesta semana continuamos coas historias de "Os maiores tamén contan", lecturas compartidas que os familiares dos nosos alumnos veñen a contar á nosa biblioteca.

O luns 7 de maio contamos coa colaboración da nai de Iago Lourido, alumno de segundo, que nos explicou unha fermosa historia que lle contaban a ela cando era pequena: "O conto da pega e o golpe" e unha lenda que coñecía sobre a Fervenza do río Belelle.

 

O martes 8 de maio os compañeiros de Hugo tiveron a sorte de contar con María Muíño, que lles leu aos alumnos de 6º de E.Infantil o conto "O segredo de Flora".

O mércores 9 de maio tocoulles aos alumnos de 4º de E.Infantil. Beatriz Romero leu aos compañeiros de Paloma, dúas aventuras moi divertidas" Dora va al colegio" e "Dora va a la feria"

 



story | by Dr. Radut