Coa recente adquisición de dous novos robots adaptados ás características do alumnado de Educación Infantil, o noso centro conta cunha importante dotación deste tipo de equipamento educativo.
Polo tanto, a Robótica vai ter presenza nas tres etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria), aspecto do que probablemente moi poucos CPIs de Galicia poden presumir.