Skip to Content

Circular nº 4

CIRCULAR Nº 4

·                Reciclaxe solidario

AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías) solicita a colaboración da nosa comunidade escolar na campaña de reciclaxe de “tapóns de plástico” promovida por AEFAT (Asociación Española Familia Ataxia Telangiectasia). Trátase dunha campaña de reciclaxe solidario que ten como obxectivo recadar fondos para a investigación e tratamento da Ataxia Telangiectasia, enfermidade rara da que constan doce casos en toda España.

Valen todo tipo de tapóns de plástico duro (de iogures, de botellíns de auga, de deterxente líquido, tapóns de tetabricks, de botellas de aceite….)

Máis información en www.aefat.es e http://aspanemi.blogspot.com.

 

·                Festival de nadal

O mércores 21 de decembro celebramos o noso festival de nadal a partir das 9:45 no pavillón. Todos os pais quedades convidados. Ese día remataremos as clases ás 12:45.

 

·           Ollo ao piollo

Atopáronse de novo casos de piollos en alumnos de primaria, pregamos tomen as medidas necesarias de prevención.                                                                                  San Sadurniño, 9 de decembro 2011.

A Dirección.



book | by Dr. Radut