Eventos
Os alumnos de 2º e 3º de ESO visitarán o MUNCYT e o casco histórico da Coruña, actividades organizadas polos Departamentos de Tecnoloxía e Sociais.
O martes día 6 o equipo de mediación "Mediasansa" terá un taller onde se repasarán os contidos do curso de mediación realizado o ano pasado.
Os alumnos de 4º de ESO visitarán os Institutos Ferrolterra, Concepción Arenal e Fernando Esquío.
Os alumnos de 2º ESO asistirán na hora de titoría á charla sobre Drogas e alcol, impartida pola garda civil.
Os alumnos de 1º de ESO asistirán na hora de titoría á charla sobre Novas tecnoloxías impartida pola garda civil.
Os alumnos de 1º de ESO visitarán o Museo do Humor en Fene.
Os alumnos de 4º de ESO asistirán á Charla de Prevención de incendios forestais.