Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Outubro 23, 2014
Start: 23/10/2014 17:15

Avaliación inicial de 3º e 4º da ESO

Xoves Novembro 06, 2014
Start: 06/11/2014 09:30
End: 06/11/2014 19:00

Saída a Santiago de Compostela o día 6 de novembro para alumnos de 3º e 4º da ESO. Visitarán TVG pola mañá, farán un descanso a mediodía en Área Central e pola tarde irán a MeteoGalicia.

Martes Novembro 11, 2014
Start: 11/11/2014 12:10

O martes 11 de novembro, a partires das 12:10 da mañá, celebramos o día do peón no colexio. 

Contamos con distintas actividades relacionadas con este xogo tradicional, entre elas, a visita dun torneiro que lle mostra ó alumnado como se fabrican peóns, buxainas e bailaretes de xeito artesanal. 

En breve teremos máis fotos e videos desta actividade.

 

 

Xoves Novembro 13, 2014
Start: 13/11/2014 07:00
End: 13/11/2014 18:30

O xoves 13 de novembro realizaremos unha visita cos alumnos de 6º de Primaria e 3º de ESO á Escola Superior de Arte Dramático de Galicia en Vigo para coñecer as distintas profesións  que interveñen na creación dunha ópera e como se traballan en dita escola. Pola tarde en Pontevedra visitarán o museo da cidade.

 

Venres Novembro 14, 2014
Start: 14/11/2014 11:30

O vindeiro venres 14, a partires das 11:30, celebraremos o magosto no colexio. Castañas asadas para quentar o corpo nestes primeiros días de frio outonal. 

Agradecementos á AMPA polo suministro das castañas. 

 

Luns Novembro 17, 2014
Start: 17/11/2014 10:20

Obradoiro de participación socio- comunitaria para os alumnos da ESO en horas de titoría.

Martes Novembro 18, 2014
Start: 17/11/2014 10:20
End: 18/11/2014 16:10

Obradoiro de participación socio- comunitaria para os alumnos da ESO en horas de titoría.

Mércores Novembro 19, 2014
Start: 19/11/2014 07:15
End: 19/11/2014 20:00

Os alumnos de 3º e 4º da ESO visitarán pola mañá Galiciencia, feira científica que se celebra no parque empresarial Tecnopole en San Cibrao das Viñas (Ourense),e pola tarde visitarán o casco antigo de Ourense facendo o roteiro de " A esmorga".

Venres Novembro 21, 2014
Start: 21/11/2014 09:30
End: 21/11/2014 19:00

Os alumnos de 2º e 3º de ESO irán a Lugo ó Taller de Robótica, visitarán o Museo provincial e pola tarde a Cerámica de Bonxe en Outeiro de Rei.

Sábado Novembro 22, 2014
Start: 22/11/2014 16:21

Temos que congratularnos todos pola participación activa do centro en Galiciencia 2014. Os rapaces de primaria presentaron o xeito en que fixeron xabón o ano pasado a partir do aceite de cociña que reciclamos no centro, e os de secundaria fixérono tan ben que incluso foron merecedores para o xurado do 3º premio na súa categoría. Isto da novos pulos para seguir avanzando. Aquí tedes tres instantáneas do evento.

Start: 22/11/2014 23:27

A intensa labor didáctica que estamos a levar a cabo nestes últimos tempos parece que non para de recibir recompensas.

A última ven da man dos rapaces de secundaria que gañaron premio de robótica en IGACIENCIA, no certame celebrado en Lugo. Os nosos parabéns.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut