Skip to Content

OBRADOIRO PARA FAMILIAS E DOCENTES. LABORATORIO DE APODERAMENTO LGBT+

Rexenerando é unha cooperativa sen ánimo de lucro que está a impulsar o Laboratorio de Apoderamento LGBT+, un proxecto de innovación educativa sobre diversidade sexual financiado pola Deputación da Coruña que conta coa colaboración de seis Concellos e centros educativos da comarca de Ferrolterra, Rexenerando convídavos a un obradoiro onde o tema principal será “COMO ACOMPAÑAR A MOCIDADE NA DIVERSIDADE SEXUAL” O obradoiro levarase a cabo na CASA DA CULTURA de SAN SADURNIÑO os días LUNS 4 DE NOVEMBRO E LUNES 11 DE NOVEMBRO en horario de 16:00 a 18:00. Se tes interese en inscribirte, podes facelo a través do seguinte enlace: i.gal/LAB_LGBT_ADULTAS Convidámosvos a seguir esta iniciativa nas nosas redes @laboratorio_lgbt e @rexenerandocoop e a contactar con nós se precisades máis información ou queredes realizar algunha suxestión no correo paola@rexenerando.com ou info@rexenerando.com . Podes atopar máis información no dossier da actividade: i.gal/LAB_LGBT . Moitas grazas

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

Nos seguintes adxuntos pódese atopar a información referida ás eleccións do consello escolar deste ano:

- Anuncio do sorteo (circular 1).

- Calendario electoral (circular 2).

- Candidaturas

- Reclamacións ao censo.

CALENDARIO DE PENDENTES CURSO 2024-25

Recordamos ao alumnado e familias que os exames de aquelas materias pendentes de secundaria terán lugar de acordo co calendario que se publica dende o adxunto ao pé desta entrada.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE HORARIOS E QUENDAS DE COMEDOR

No seguinte adxunto podedes atopar toda a información relevante sobre entradas e saídas (xa publicadas con anterioridade), ademais dalgunha información adicional como as quendas de comedor.

 

Dende o centro queremos desexarvos un bo curso 24-25.

AUTORIZACIÓN PARA MARCHAR SÓ/SOA E ACOMPAÑAR A IRMÁNS

  No documento que se amosa en miniatura abaixo ou como adxunto, tedes a autorización que necesita o alumnado de 5º, 6º de primaria e 1º e 2º da ESO para poder marchar sen acompañamento dun adulto, ou para acompañar aos seus irmáns ás saídas do colexio.

  Pregamos traer cuberta o antes posible para que esta autorización se poida facer efectiva dende o primeiro día de escola. 

AUTORIZACIÓN PARA MARCHAR SÓ/SOA E ACOMPAÑAR A IRMÁNS

HORARIO ESCOLAR DO CPI DE SAN SADURNIÑO

             No seguinte cadro detállase o horario escolar de infantil, primaria e secundaria que seguiremos a partir do primeiro día de escola (11 de setembro) no curso escolar 2024-2025.

 

              Este horario estará vixente dende o primeiro día de escola, no que o alumnado de secundaria terá clase tamén pola tarde de 16:20h. a 18:00h.

                         

REUNIÓN FAMILIAS SECUNDARIA

 

   As reunións das familias cos/cas titores/as de secundaria terán lugar o día 18 ás 18:20.

   Calquera información adicional necesaria será enviada polos titores/as unha vez comezado o curso.

       

MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA - CURSO 2024-25

 

   Todo o material escolar necesario para cada nivel de primaria pode consultarse premendo na seguinte ligazón.

               https://drive.google.com/drive/folders/1B2iC_iAVFm8VSIPJVL9PKxebAe6t3QQD

   Recordade que nas reunións de familias que terán lugar antes do inicio do curso cos/cas titores/as podedes consultar calquera dúbida ao respecto.

 

       

REUNIÓN FAMILIAS INFANTIL E PRIMARIA

VACACIÓNS DE VERÁN

Nestes últimas días de xullo e durante o mes de agosto só se atenderán situacións de urxencia, que poderán ser comunicadas a través:

Aproveitamos para recordar:

 

COMEDOR ESCOLAR

  • Todos os usuarios do comedor escolar teñen que ter entregada a autodeclaración. A maioría xa están entregadas, os que faltan deberán facelo o dia 2 de setembro
  • Continúa aberta ata o 8 de setembro a admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024-2025

 

FONDOLIBROS

  •   As persoas que teñan pendente recoller vales de libros e/ou material escolar poderán facelo a primeira semana de setembro
  •   O alumnado de 3º e 4º de primariaque resultou beneficiario do fondo de libros recibirá os mesmos ao comezo das clases

 

CALENDARIO ESCOLAR 24-25

  •  As clases comezan o mércores día 11 de setembro de 2024 ata o venres 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

 

HORARIO DAS CLASES NO CURSO 2024-2025

  • Educación infantil e Primaria de 9:30 a 14:30

  • Educación Secundaria de 9:30 a 15: 00 e os mércores de 16.:20 a 18:00

 

Desexamos que pasedes un Bo Verán!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut