Cando Galicia e Normandía únense por un intercambio

Esta viaxe comezou con completos descoñecidos e acabou con amizades inesquecibles. Aínda se lembran os nervios do primeiro día, e esa tensión que foi desaparecendo co paso do tempo. Ao principio todo era difícil, custábanos comunicarnos e sabíamos pouco deles, pero co paso do tempo, aínda que foron cinco días, esas barreiras desapareceron entre todos nós. Excursións que non se repetirán nunca, e non polo lugar de destino, senón pola xente que che acompaña. Recordos indescritibles e momentos moi graciosos foron os que marcaron esta viaxe.

Alá en Francia tivemos varios problemas: xa ir ao aeroporto foi un deles, case mellor non falar diso, xa que estar unha hora sen saber se o autobús chegará ou non, non é moi agradable lembralo. Pero quitando iso, falando por todos, foi unha das viaxes máis especiais da nosa vida, onde vivimos unha vida totalmente diferente durante cinco días.

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.