SOLICITUDES DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Ábrese o prazo para a solicitude de máscaras entre o alumnado, tal como recolle a ORDE  do  6  de  novembro  de  2020  pola  que  se  regulan  os  criterios  e  o  procedemento  de  distribución  de  máscaras  entre  o  alumnado  matriculado  en  educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21

O alumnado que foi beneficiario da axuda para adquirir material escolar NON ten que presentar a solicitude.

Pode presentar solicitude o alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 27 de novembro de 2020. Pódese descargar o impreso de solicitude no seguinte enlace:

Anexo I e II_ED330E

Powered by Drupal - Design by artinet