AVISO INICIO DO SEGUNDO TRIMESTRE

Recordamos a toda a comunidade educativa que o venres 8 de xaneiro foi o día que se escolleu no Centro como non lectivo, polo que a volta ás aulas para o 2º trimestre será o luns 11 de xaneiro.

Feliz Ano Novo!!

MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Está publicada no Centro a listaxe definitiva de alumnos admitidos no reparto de máscaras, tal como recolle a ORDE  do  6  de  novembro  de  2020  pola  que  se  regulan  os  criterios  e  o  procedemento  de  distribución  de  máscaras  entre  o  alumnado  matriculado  en  educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21

O xoves 10 comezaremos co reparto de máscaras entre o alumnado.

QUIZ's ANPA - 25N. Xogamos?

 

               

SOLICITUDES DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Ábrese o prazo para a solicitude de máscaras entre o alumnado, tal como recolle a ORDE  do  6  de  novembro  de  2020  pola  que  se  regulan  os  criterios  e  o  procedemento  de  distribución  de  máscaras  entre  o  alumnado  matriculado  en  educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21

O alumnado que foi beneficiario da axuda para adquirir material escolar NON ten que presentar a solicitude.

Pode presentar solicitude o alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 27 de novembro de 2020. Pódese descargar o impreso de solicitude no seguinte enlace:

Anexo I e II_ED330E

ACTIVIDADES VARIADAS

Xa están listas para ver as actividades organizadas polo EDLG e o AECE realizadas ata o día de hoxe. 

Podes velas en: natualingua.blogspot.com

OBRADOIROS DA ANPA

A ANPA do CPI Ponte Carreira recibiu unha subención da Secretaría Xeral de Igualdade coa que está a levar a cabo uns obradoiros, impartidos por persoal especializado no tema, en tódolos niveis educativos. 

Plan COVID e Plan de continxencia

Dada a situación creada polo COVID-19, o Centro, atendendo ao Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, elaborou os seguintes documentos, que poñemos no seu coñecemento:

Powered by Drupal - Design by artinet