Fondo solidario de libros de texto 2022/2023

A Orde do 29 de abril de 2022 que regula a participación no fondo solidario e na adquisición de libros de texto e material escolar está publicada no DOG do 18 de maio de 2022 e as instrucións ao respecto están no portal educativo. Nos seguintes documentos pódese consultar toda a información relevante:

Admisión e matrícula do alumnado. 2022/2023

Infórmase que está publicada no Centro a listaxe de alumnos admitidos para o vindeiro curso 2022/2023. Todas as solicitudes teñen praza asignada. Lémbrase que o prazo de matrícula será nas últimas semanas de xuño e primeiras de xullo, nos prazos que se indicarán proximamente.

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA. INFANTIL E PRIMARIA

Continuando coas actividades para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, organizadas pola ANPA "O FOPO", o vindeiro día 22 de novembro os alumnnos de Educación Infantil asistirán á obra de teatro "Contos pola igualdade" e o día 24 tocaralle o turno aos de Educación Primaria coa obra "O pozo das señoras".

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA. ESO

O pasado día 19 de outubro tivo lugar a obra de teatro "Nabiza girl", dirixida aos alumnos de ESO. Esta actividade foi organizada pola ANPA "O FOPO" no marco das actividades para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade.

Alumnos de ESO do CPI asistindo á obra de teatro "Nabiza girl".

Facer clic na image para alargala.

Powered by Drupal - Design by artinet