Bo día, poden descargar a listaxe de libros que se empregarán en Educación Primaria durante o curso 2024/2025 premendo na seguinte imaxe:
Curso 2023-2024
Club de lectura - xuño 2024
Bo día, estimad@s lectores e lectoras,
O Club de lectura do CPI Poeta Uxío Novoneyra despedirase (por este curso) o próximo martes 18 de xuño coa visita da escritora Berta Dávila. Á mañá vaise reunir co alumnado de Primaria para comentar o seu libro “O Concurso dos mellores inventos”.
Xa pola tarde, arredor das 16 h., teremos sesión co profesorado, familias e calquera outro membro da comunidade educativa que se anime, para comentar a súa última obra, “A ferida imaxinaria”. Contamos, como nas outras ocasións, con exemplares no centro por se alguén o precisa.
Desde a directiva do centro animamos a tod@s a ler este último libro do curso, co desexo de que as ganas de ler sigan durante o verán e, se pode ser, tamén durante os vindeiros anos.
Unha aperta chea de letras!
Concurso de fotografía matemática
Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller Matemática, imos celebrar un concurso de fotografía matemática. As fotografías deben ter como motivo principal algunha forma xeométrica e deben vir acompañadas cun verso breve que lle sirva de título.
O prazo para enviar as fotos rematará o luns 20 de maio (incluído) e deberán ser remitidas xunto co verso ó correo carlos.cpi.caurel@gmail.com
HABERÁ PREMIO PARA PRIMARA E PARA SECUNDARIA!
Club de lectura: mes de maio
ADIADO
Por motivos imprevistos, a autora finalmente virá o día 29 de maio
Queridas/os lectores,
O próximo mércores 15 29 de maio imos ter unha visita especial: a escritora Olga Novo vainos acompañar na seguinte sesión do Club, na que imos comentar algunhas das súas obras. Unha de poesía, “Feliz Idade” (do cal mercaremos algúns exemplares para o colexio e poderedes facer uso del proximamente); e uns relatos en prosa relacionados coa súa infancia, que podemos atopar en internet. Os enlaces son os seguintes:
https://luzes.gal/25/04/2019/autores-web/olga/novo/a-bisavoa-descalza/
https://luzes.gal/09/01/2019/autores-web/olga/novo/a-medida-do-amor/
https://luzes.gal/10/07/2020/temas/inmigracion/o-pequeno-petrucio-e-a-naicina-nena/
https://luzes.gal/06/02/2020/autores-web/olga/novo/os-ollos-da-mina-nai/
Recordade tamén que é o mes no que imos comentar 2-3 letras de cancións, podendo falar de por que nos gustan, relacionar co seu contexto histórico, os seus significados, ou calquera outra cousa que consideredes relevante. É unha actividade nova, ningún temos experiencia, e a ver como sae! (seguro que moi interesante, xa veredes ;) )
Dado que temos convidada especial e ben disposta a colaborar (ademais na semana das Letras Galegas!), estaría moi ben que vos animarades a participar, cantas/os máis mellor, para facer un evento o máis bonito posible.
Unha aperta!
Censo do centro
Queridas familias,
Esta tarde quedou exposto no taboleiro do centro o censo electoral de responsables, é dicir, o censo de nais e pais que podedes exercer o voto para a aprobación ou rexeitamento da proposta de horarios para o curso 24-25. Recordade que cada familia contará con un único voto, podendo votar calquera dos responsables indistintamente, pero só un deles.
A partir de mañá martes (incluído), ábrese un período de cinco días hábiles para que poidades realizar as reclamacións que consideredes precisas. Unha vez pasado este período, procederemos a realizar o sorteo público para constituír a mesa de cara ás votacións do luns día 22.
Para acceder ó documento, prema na imaxe:
Un saúdo,
O equipo directivo
Periodo de admisión
Estimadas familias. Desde hoxe, día 1 de marzo, e ata o día 22, está aberto o prazo de admisión de alumnado novo para o noso cole.
Se tedes algún algún/ha peque que cumpra os 3 aniños e queredes que se una á nosa comunidade para aprender e compartir experiencias con outr@s nen@s, poñédevos en contacto con nós para informarvos e realizar o proceso.
Tamén, se coñecedes outras familias con nenos/as, sexa cal sexa a súa idade, non dubidedes en animalos para unirse á nosa escola.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »