Curso 2019-2020

Actividades do curso 2019-20

Exames setembro 2020

 

DÍA

HORA

EXAME

3 setembro

11:00

Inglés 1º ESO e 2º ESO

3 setembro

11:00

Matemáticas 2º ESO

4 setembro

11:00

Entrega notas

4 setembro

11:30

Reclamacións

Libros de texto 2020/2021 Lista Provisional de Fondo Solidario de Libros e Vales material e libros

Publicamos a lista provisional de admitidos no Fondo Solidario de Libros de Texto.

Reclamacións ata o día martes 14 de xullo (inclusive)

 

Ademais, xa podedes pasar a recoller os vales de material e/ou libros. Podedes recollelos ata o venres 24 de xullo ou en setembro.

 

 

Terra Brava nº 31

Etiquetas :

Aínda non vístedes a revista deste curso? 

Aquí a tendes! Terra Brava nº 31

https://issuu.com/correocpipun/docs/revista_para_publicar_comprimido

 

Festival fin de curso 2019/2020

Etiquetas :

O pasado venres rematou o curso e quixemos xuntarnos para disfrutar dun festival fin de curso moi atípico e estrano, pero non por iso menos emotivo.

 

Foi un festival no que houbo poesía, adiviñas, actuacións e xogos. Un festival no que ademais de todo isto, lembramos as actividades realizadas durante o curso e despedímonos de Arnau que este ano rematou 4º de ESO. Boa sorte Arnau!

 

Deixámosvos aquí o vídeo do fantástico guiñol de “A gata Cata”, realizado polos alumnos e alumnas de primeiro ciclo de Primaria. Un gran traballo. Son uns auténticos artistas!

 

Pero ós nenos de Primaria, tamén se lles da ben cantar. Aquí vos deixamos un vídeo da canción “Um canto de afoxé” interpretada polo coro de Primaria.

E para rematar, compartimos con vós o vídeo resumo das actividades do curso. Como podedes ver, a pesares do confinamento, puidemos disfrutar dunha morea de actividades!

Vémonos para o curso próximo!!!


 

II Congreso Científico da Montaña

Etiquetas :

Este ano tiñamos previsto a realización do II Congreso Científico da Montaña a mediados de maio. Pero chegou o coronavirus e con el o confinamento. Críamos que sería imposible levalo á cabo, sen embargo, grazas ó traballo dos rapaces e rapazas e dalgúns profes, foi posible. Durante o confinamento, e a pesar das dificultades que conleva traballar a distancia, continuaron os traballos de investigación e nalgúns casos mesmo os reinventaron!

Así, chegou hoxe, o día do II Congreso Científico da Montaña. Xuntámonos por videochamada os coles do Courel e de Pedrafita e durante toda a mañá, fomos vendo os diferentes traballos feitos polo alumnado. Traballos sobre gandería, toponimia, sobre a avispilla, sobre a enerxía solar, etc.

Ademais, despois de cada traballo, os autores tiveron que respostar algunhas preguntas feitas polos compañeiros, profesores ou investigadores.

Deixámosvos as presentacións dos traballos e preguntas para todx os que non puidéstedes disfrutar do Congreso.

 

 

- Decoración Virtual do Congreso baseada nunha homenaxe ás mulleres na ciencia, realizado polos alumnx de Primaria de Pedrafita.

 

 

-Proxecto da Avispilla do Castiñeiro, realizado polo alumnado de 1º ESO de Pedrafita:

- Pregunta da investigadora Fina Lombardero:

 

- Traballo de Gandería no Courel, realizado por Candela, Daniel, Luis e Uxía de 2º ESO do Courel:

- Pregunta de Isa, profesora de Francés do Courel:

 

- Traballo sobre toponimia "O noso patrimonio" de 3º ESO de Pedrafita:

- Pregunta da profesora Chelo:

 

- Traballo sobre coronavirus "En tiempos de Pandemia" realizado por Gema de 3º ESO do Courel e polas alumnas Alexia e Jiulia da Escola Bertran de Sabadell:

- Pregunta de Ana, profesora de Lengua do Courel:

 

- Traballo de Paneis Solares realizado por alumnas de Primaria de Pedrafita:

- Pregunta realizada por Benjamín, profesor de E.Física de Pedrafita:

 

- Traballo de Ecosistemas Courelás, realizado por Pablo, Sabela e Zaira (1º ESO) do Courel:

- Pregunta realizada por Pilar, profesora de E. Infantil do Courel:

 

- Traballo sobre “Os Lumes” realizado por Xiana, de 4º ESO de Pedrafita:

- Pregunta realizada polo investigador Sergio Silva Bautista:

(...) Paso a facerche a miña pregunta, relacionada coas posibles solucións ó grave roblema de incendios que temos en Galicia, que ademais todo indica que co Cambio Climático pode ir a peor. Ante isto, cales das medidas de prevención de incendios que recolles na enquisa (educación, limpeza de montes, vixilancia, plans de xestión e denunciar) cres que pode ser máis axeitada para mellorar a situación? Ou deberiamos apostar por unha combinación de todas, como indican os resultados da túa enquisa?

 


E así foi o II Congreso Científico da Montaña. Esperamos que o próximo ano poida ser en directo!

Noraboa a todx polos traballos!

 

 

Club de Ciencias confinados!

Etiquetas :

Dende o Club de Ciencias, retamos ó noso alumnado de infantil e primaria a facer algúns experimentos durante o confinamento.

Esta é unha pequena mostra!

Publicación de alumnado admitido no Curso 2020/2021

Etiquetas :

No taboleiro do centro está a lista provisional de alumnado admitido no curso 2020/2021 (que é todo o alumnado que solicitou praza).

Para poder consultar esta información pódese:

- Dende a aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación coa chave 365 ou con certificado dixital.

- No centro, no taboleiro de anuncios

Velaí vai o Papaventos

Etiquetas :

Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Primaria co profesor Ariel, póñenlle música á letra do conto "Velaí vai o papaventos" de Celia Díaz Núñez.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

Etiquetas :

PRAZO

Do 20 maio de 2020 ata 19 de xuño de 2020 incluído.

 

DESTINATARIOS

- Fondo Solidario de Libros de Texto: alumnado que no curso 2020/2021 vaia cursar 3º, 4º, 5º ou 6º de Educación Primaria, e 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO

- Axudas para adquirir libros de texto:  alumnado que no curso 2020/2021 vaia cursar 1º ou 2º de Educación Primaria.

- Axudas para material escolar: alumnado de Educación Primaria ou ESO matriculados en 2020/2021

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

- Solicitude (Anexo I)

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 

Solicitude por vía electrónica empregando a aplicación fondo libros https://www.edu.xunta.es/fondolibros (neste caso unha solicitude por alumno/a.)

Ou solicitude presencial (neste caso unha solicitude por familia) no centro docente ou outro rexistro.

 

LÉMBRAMOSVOS que o alumnado beneficiario de libros procedentes de fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto, deberá DEVOLVER OS LIBROS de texto como MÁXIMO o 7 de XULLO de 2020 (agás o alumnado de ESO con algunha materia pendente, neste caso o prazo será ata o 7 de setembro de 2020).

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design